TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 may 2009

Medio centenar de automóbiles antigos pararon o sábado no Rosal nun día marcado pola choiva

O sábado 16 de maio preto de cincuenta coches -na súa maioría anteriores a 1960- realizaron unha parada na Praza do Calvario do Rosal con motivo do “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos”. Baixo a organización da concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano e coa colaboración de diferentes adegas rosaleiras (Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val e Aldea de Abaixo) os participantes desta ruta impulsada por Gabriel Pestana, director do rallye e en representación da "Escuela Gallega de Clásicos Deportivos", foron obsequiados con varios agasallos tras o seu paso por esta vila. Aínda que as condicións meteorolóxicas non resultaron ser as máis idóneas para a celebración desta xornada, a choiva non desluciu a vistosidade destas auténticas xoias automobilísticas. Fixeron a entrega dos presentes, paraugas en man, a concelleira de Cultura Charo Tabales Perozo e o alcalde rosaleiro Jesús Mª Fernández Portela. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe:

0 comentarios:

Publicar un comentario