29 abr 2015
O equipo senior da U.D. Ribera xógase o pase á final da Copa Deputación
O equipo senior da U.D. Ribera xógase este mércores 29 de abril fronte ao Gondomar C.F. o seu pase á final da Copa Deputación de Pontevedra.
Na outra semifinal disputada onte no Campo Municipal da Gándara, o Choco vencía 1-2 ao equipo local Caselas F.C. Desta maneira o equipo de Redondela é o primeiro finalista.
A cita para os nosos veciños será hoxe ás 21:15 horas no Estadio Municipal da Mata (O Rosal). Entrada gratuíta.
¡Dende Noticias O Rosal moita sorte á U.D. Ribera!
27 abr 2015
Relación de actividades gratuítas en maio para a mocidade en O Rosal
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural
Estas son algunhas das actividades gratuítas para a mocidade, dirixidas a "mozos e mozas maiores de 12 anos".
Estes obradoiros realizaranse de 17 a 19 horas no Centro Social Polivalente do Rosal.
Máis información no teléfono 986 62 50 00.
Actuacións para os vindeiros meses do Coro Ecos do Folón (Fornelos)
Estas son, polo momento, as actuacións confirmadas para os vindeiros meses do Coro Ecos do Folón (Fornelos-O Rosal) que dirixe Jorge Fernández González.
- 16 MAIO: Misa de San Isidro (Igrexa Parroquial de O Rosal).
- 6 XUÑO: Misa do Santísimo (Acevedo, Oia).
- 21 XUÑO: Misa de San Xoán (Martín, O Rosal).
- 21 XUÑO: Concerto Coral "Ecos do Verán"
(Auditorio Municipal de O Rosal).
- 27 XUÑO: Concerto Homenaxe (Lugar: a definir).
- 27 DECEMBRO: Concerto Coral "Ecos do Nadal"
(Auditorio Municipal de O Rosal).
22 abr 2015
O Novás ofrece dúas entradas por socio para rebentar o Pavillón do Rosal
22.4.15
Andrés Senra (Novás), Atlético Novás de Balonmán, David Lechuga (balonmán), Ramón Martínez (balonmán)
Comentar
Informa: Andrés Senra // Atlético Novás
El pulso que desde la jornada 22 mantenían Seis do Nadal y Acanor Novás, en el que los vigueses se situaban por encima debido al golaverage, dio un vuelco el pasado domingo. En una cancha difícil, ante el juez de la liga, el Magope sucumbía por dos tantos.Desde O Rosal muchos aficionados seguían a través de las redes sociales el resultado, celebrando la victoria del filial cangués y desatando la euforia de una posible clasificación para el sector de ascenso, objetivo que no muy atrás se antojaba como imposible.Por ello, David Lechuga, jugador experimentado en este tipo de situaciones, avisa que "todavía no hemos conseguido nada, nos quedan dos partidos muy complicados" por lo que prefiere rebajar el optimismo entre los aficionados que ya están guardando días para el sector "ya que hace un par de meses algunos nos daban por muertos. Esto aún puede dar otro giro".Todavía sin asimilar la posibilidad real de jugar la fase, el capitán Ramón comenta que "había que tener paciencia ya que teníamos la esperanza de que podían pinchar. Llevaban varias jornadas jugando en el alambre aunque personalmente esperaba que fuese ante Cisne cuando doblasen la rodilla".Ante esta situación el equipo "se encuentra mejor de moral que físicamente. Está siendo un año duro en todos los aspectos pero hemos sabido aislarnos a pesar del mal inicio y ahora estamos muy motivados y muy ilusionados con la posibilidad de jugar otra fase y quitarnos el mal sabor de boca" dice 'Lechu'.Antes de cantar victoria, el Novás recibe al Lalín y se desplazará en la última jornada a Bueu. Para Mon el Lalín "posee un gran bloque. Llevan muchos años juntos, al igual que nosotros, donde mezclan juventud y veteranía".Para 'amarrar' la victoria es vital que el pabellón muestre sus mejores galas, por lo cual la directiva ha puesto en marcha la iniciativa de 'Dos entradas por socio'. Con lo cual cada socio podrá presentarse en taquilla con dos acompañantes.
21 abr 2015
Chegan as Festas de San Xosé Obreiro en Novás (30 de abril e 1 de maio)
21.4.15
Agrupación Musical do Rosal, Coral da Agrupación Musical do Rosal, Festas, Grupo de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio, Novás
Comentar
As Festas de San Xosé Obreiro en Novás (O Rosal) celebraranse o xoves 30 de abril e o venres 1 de maio.
XOVES 30 DE ABRIL
Gran verbena a cargo das orquestras Azar e América.
VENRES 1 DE MAIO
11:30 horas. Acompañado do Grupo de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio, baixada do Santo en procesión ata a Praza.
12:00 horas. Misa de campaña na honra de San Xosé, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
18:00 horas. Actuación do Grupo de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio e subasta de produtos típicos.
Gran verbena a cargo do grupo Nostalgias e a orquestra Ismael.
Segundo comunica a organización, o recinto de festas estará cuberto por unha gran carpa.
A XII Feira do Libro do Rosal celébrase no Calvario o domingo 26 de abril
Este domingo 26 de xullo terá lugar na Praza do Calvario a XII Feira do Libro do Rosal.
A partir das 12:00 horas "A Volta ao Mundo en 8 máquinas" e xa ás 17:00 horas, "Obradoiros divertidos".
Segundo se informa dende a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales, nesta Feira haberá un 20% de desconto na merca de libros.
16 abr 2015
Jose & Rosy imparten un "intensivo de bachata" en Atrévete (Málaga)
A parella rosaleira de bailaríns, Jose & Rosy, imparten este sábado 18 de abril un "intensivo de bachata" na "Sala Báilame" da coñecida discoteca Atrévete, de Torremolinos (Málaga).
Nuestros artistas internacionales estarán acompañados de H Son DJ en cabina y Barroso y Nando en pista.
13 abr 2015
O piloto rosaleiro de trial, Gabriel Marcelli Carballido, vence en Madrid
Gabri, en Lozoyuela, en plena competición. (Foto: Alberto Fili Rodríguez)
O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido consegue na categoría junior unha nova vitoria esta fin de semana no SPEA RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015 celebrado na localidade madrileña de Lozoyuela.
Lembramos que o pasado mes de marzo, Gabri xa gañara tamén en La Clua de Basella (Lleida).
Máis información na páxina oficial da Real Federación Motociclista Española.
1 abr 2015
O Auditorio acolle este 4 de abril a Presentación do Club Ciclista O Rosal
O Auditorio Municipal acollerá este sábado 4 de abril, a partir das 19:00 horas, a presentación do Club Ciclista O Rosal, que competirá nesta tempada 2015 "nas categorías de principiantes, alevíns, infantís, cadetes e júnior".
Este evento deportivo será presentado polo emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa.
Dende o club da vila, que preside Gerardo Álvarez Martínez, convídase a asistir a este acto a todos os afeccionados e simpatizantes do ciclismo e do deporte en xeral.
A entrada é libre e gratuíta.
A entrada é libre e gratuíta.