As Festas de San Xosé Obreiro en Novás (O Rosal) celebraranse o xoves 30 de abril e o venres 1 de maio.
XOVES 30 DE ABRIL
Gran verbena a cargo das orquestras Azar e América.
VENRES 1 DE MAIO
11:30 horas. Acompañado do Grupo de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio, baixada do Santo en procesión ata a Praza.
12:00 horas. Misa de campaña na honra de San Xosé, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
18:00 horas. Actuación do Grupo de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio e subasta de produtos típicos.
Gran verbena a cargo do grupo Nostalgias e a orquestra Ismael.
Segundo comunica a organización, o recinto de festas estará cuberto por unha gran carpa.
0 comentarios:
Publicar un comentario