O equipo senior da U.D. Ribera xógase este mércores 29 de abril fronte ao Gondomar C.F. o seu pase á final da Copa Deputación de Pontevedra.
Na outra semifinal disputada onte no Campo Municipal da Gándara, o Choco vencía 1-2 ao equipo local Caselas F.C. Desta maneira o equipo de Redondela é o primeiro finalista.
A cita para os nosos veciños será hoxe ás 21:15 horas no Estadio Municipal da Mata (O Rosal). Entrada gratuíta.
¡Dende Noticias O Rosal moita sorte á U.D. Ribera!
0 comentarios:
Publicar un comentario