Javi e Dani en 2012 cando xogaron no Rosal militando no Academia Octavio
Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás nas redes sociais, o domingo 15 de xuño xógase en Ciudad Real o "Partido de las Estrellas" de balonmán, que enfrontará á selección española (masculina e feminina) cun combinado de estrelas da Liga Asobal.
Dende o club da vila pídese o voto para os rosaleiros Javi Díaz (porteiro do Villa de Aranda) e Dani Cerqueira (pivote do Frigoríficos Morrazo) para que poidan ser integrantes da selección das estrelas.
Podes votar por Javi Díaz (Javier Díaz Pérez) e por Dani Cerqueira (Daniel Cerqueira Rodríguez) -elixindo tamén a cinco xogadores máis- no seguinte enlace.
Foto: FDV / Ignacio Sáa
P.D.: A veciña da Guarda, Estela Doiro (na imaxe) e a súa compañeira do Mecalia Atlético Guardés, Isabel Cristina Maestro Sanz, tamén son elixibles para o combinado feminino.
0 comentarios:
Publicar un comentario