O domingo 20 de xullo celebrarase na nosa vila a I edición da carreira e andaina "10K O Rosal. Feira do Viño", que organizará o Concello en colaboración co Banco Mediolanum e diferentes adegas e entidades da comarca do Baixo Miño.
A carreira estará baixo o apadrinamento e coordinación dos deportistas rosaleiros Serafín Martínez Acevedo e Óscar Vicente Rodríguez, sendo a andaina dirixida polo emprendedor sociocultural Juan Ramón Martínez Barbosa.
As inscricións nestas atractivas actividades (carreira: límite de 621 prazas e a andaina, límite de 100 prazas disponibles) comezará o vindeiro martes 20 de maio e poderanse facer na web Champion Chip Norte.
Velaquí vos deixamos para descargar o Regulamento da carreira e o enlace á Programación da andaina na web 10k O Rosal.
Sen dúbida, estes eventos deportivos e turístico-culturais virán a enriquecer o extenso programa de festas que se poderá disfrutar na nosa vila durante a XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo).
0 comentarios:
Publicar un comentario