Este venres 15 de agosto, ás 12:00 horas da mañá, terá lugar no Porto de A Guarda o concerto do cantante e guitarrista guardés Guille Verde, acompañado polo batería rosaleiro Eric Barceló.
Música en directo e ao aire libre destes dous rapaces, que coa súa simpatía e bo facer están encandilando ao público do Baixo Miño nas numerosas actuacións que están ofrecendo nos últimos meses polos locais e festivais da zona.
0 comentarios:
Publicar un comentario