Os grupos de pandereteiras rosaleiros "Ir e Vir" (na imaxe) e "Río do Folón", así como a súa directora, Berta Castro González, piden desculpas ao Concello do Rosal e aos seus veciños, xa que por motivos totalmente alleos á Comisión Organizadora da Festa do Cabaqueiro e á concellaría de Cultura, non asistirán ao Festival de Pandereteiras que se celebrará este sábado na Praza do Calvario.
Lamentan as molestias que isto poida ocasionar, agradecendo por outro lado á concellaría de Cultura a posibilidade que lles brinda para poder actuar na mesma Praza do Calvario o vindeiro martes día 12 de outubro ás 19:30 horas.
0 comentarios:
Publicar un comentario