Na fotografía retrospectiva, de esquerda a dereita, a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora de 2008, a rosaleira Mª Esther Álvarez e a concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez.
A Oficina Municipal
de Información Xuvenil do Concello do Porriño, convoca para este ano 2014 a 8º
edición do Certame fotográfico "Viaxando".
O obxecto de dito certame é a promoción de actividades varias
para mozos/as dentro dun traballo en rede que veñen realizando conxuntamente
varias OMIX pertencentes á Rede Galega de Información Xuvenil de Galicia (O Porriño, A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño,
Salceda de Caselas, O Rosal) e o Espazo Xove de Tui.
TEMÁTICA
- A temática das
fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado cas viaxes
realizadas polos mozos/as participantes, primando a idea que emana do propio
nome do concurso ”Viaxando”.
PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
- Participarán en
concurso único, mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode
presentar unha única fotografía. As fotografías presentadas poderán ser en cor
ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 25x30 ,
sempre pegadas sobre unha cartulina negra DIN A3.
- A fotografía deberá
ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada
noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír
terceiros.
- As fotografías
presentadas nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a
responsabilidade do autor/a.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía
entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada
fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título de dita
fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a
escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos,
enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
- As fotografías
entregaranse nas instalacions das OMIX do Porriño , A Guarda, Baiona, Gondomar,
Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal e no Espazo xove de Tui nos seús horarios
de atención ó público. O prazo comezará dende o día seguinte ao da publicación
das presentes bases no B.O.P. e rematará o 15 de setembro do 2014.
- Cando a fotografía se
presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da
Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas
e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por
fax ou telegrama ó concello correspondente ou Espazo Xove de Tui, o mesmo día
no que a presente.
XURADO E FALLO
- O xurado estará
composto por membros da Concellaría de Mocidade do Concello do Porriño, ou
persoas nas que deleguen, en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer
nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por
teléfono. Dito fallo farase público o 2 de outubro do 2014.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.
PREMIO
- Concederase un único
premio consistente nunha Tablet valorada en 236,85 euros.
EXPOSICIÓN
- Coas fotografías
presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá as
OMIX e o Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede,
inaugurandose oficialmente no Concello do Porriño o luns 6 de outubro ás 20:00
horas.
DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
- De conformidade co
previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen
prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ás Omix que levan a
cabo este traballo en rede e o Espazo Xove de Tui co carácter de exclusividade,
os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS
- A presentación dunha
fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en
calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ás OMIX
e ó Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, especialmente
no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos
exposicións, catálogos e páxinas web.
- As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta no mes de novembro de 2015, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.
ACEPTACIÓN DAS BASES
- A participación neste
certame supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O
Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
0 comentarios:
Publicar un comentario