Daniel Rodríguez e Otto de Touchyvon
Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Silvia Rodríguez Martínez
Existe en Portugal unha Liga Portuguesa de Criadores e Proprietários de Cavalos de Corrida que organiza carreiras de trote e de galope dende o mes de marzo a novembro de cada ano.
A competición, que é a nivel nacional, conta coa participación da Cuadra Rodríguez, fundada hai uns cinco anos. O seu propietario, adestrador e jockey é o rosaleiro Daniel Rodríguez Rodríguez, (naceu en Parada-Novás, o 21 de xullo de 1961), afincado en Goián, que conta coa inestimable colaboración de Carla Alonso Rodríguez, de Marzán, como adestradora e coidadora dos tres cabalos que posúe a Cuadra.
En Galicia apenas se organizan carreiras desta modalidade e menos a nivel oficial, sendo este o motivo de que compitan na Liga Portuguesa.
O pasado 20 de novembro Daniel proclamábase vencedor do "Gran Premio de Portugal" no Hipódromo Quinta da Granja en Felgueiras-Porto (na imaxe entrando en meta). Esta é a carreira máis importante do ano por ser final de tempada e correr máis distancia, ademais de ser a que habitualmente ofrece máis diñeiro en premios.
O jockey rosaleiro gañou as dúas carreiras do día, a primeira sobre unha distancia de 1.800 metros co cabalo Hennir de Joie, e a segunda, o citado Gran Premio de Portugal, cunha distancia de 3000 metros, co cabalo Otto de Touchyvon (trotón francés de 9 anos) adxudicándose un premio de 2000 euros.
Cabe destacar que Daniel Rodríguez xa lideraba nesta tempada a Clasificación Xeral de Jockey de Trote na Liga Portuguesa de Cavalos de Corridas.
Os colaboradores da Cuadra celebrando a vitoria no Gran Premio de Portugal
¡¡Dende Noticias O Rosal desexámoslles moitos máis éxitos!!
0 comentarios:
Publicar un comentario