Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño
Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o venres día 29 de xuño de 2.012; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2.011 e Programa para o 2.012.
4º Presentación de Candidaturas e elección de novos Cargos da Xunta Directiva.
5º Rogos e preguntas.
Ábrese o prazo para a presentación de Candidaturas ás eleccións da Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño, que poderán ser comunicadas por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (info@erguete.org).
0 comentarios:
Publicar un comentario