Quedamos hai uns días ao atardecer no Rosal, en concreto na Praza do Calvario, con Rosy Pereira Moledo, artista nacida en Tui, o 9 de agosto de 1980, para realizarlle esta pequena entrevista e coñecela un pouquiño máis.
Intrigados, despois de asistir a unha exposición súa e a unha demostración pictórica “en vivo” que realizou durante o concerto de Dead by Pregnancy e Crepozoides -do que xa falaremos- na sala O Torreiro da Festa en Churruca (Vigo), a finais do pasado mes de maio.
Dende Noticias O Rosal, como web cultural do Rosal e do Baixo Miño, apoiamos e apoiaremos a todas aquelas persoas da Comarca ou relacionadas con ela, que “se movan”, que teñan inquietudes e que contribúan a crear “sociedade”, xa sexa mediante a arte, a cultura, o deporte…
O noso agradecemento a Rosy por concedernos esta pequena entrevista, pola súa amabilidade e simpatía. Comecemos, pois.
-¿Canto tempo levas pintando, Rosy? ¿Cantas horas lle dedicas ao día?
Pinto dende que era unha nena, pero un pouquiño máis en serio, fará dez anos. Intento dedicarlle como mínimo unha hora diaria, sempre vou coa miña carpeta e mochila a costas e, en canto podo, se teño cinco minutos, saco de bloc e me poño a debuxar.
-¿Como xorde esta paixón pola arte, pola pintura?
Castigábanme moito de pequena (risas), sempre o digo. Pechábanme na miña habitación… entón pintando pasábame o tempo máis rápido. Aí comezou todo. Estudei pola miña conta, vendo o que había en Internet e lendo moitos libros sobre pintura e sobre arte.
Meu traballo teño que recoñecer que é surrealista. Pinto soños, máis que outra cousa. Pero tamén fago encargos de retratos, paisaxes… adáptome bastante ao que me pide a xente.
Meu traballo teño que recoñecer que é surrealista. Pinto soños, máis que outra cousa. Pero tamén fago encargos de retratos, paisaxes… adáptome bastante ao que me pide a xente.
Comecei empuxada e animada polos meus amigos “faime isto, faime o outro”. Pero hai dous anos, coa miña amiga Tati, que é a presidenta da Asociación “O Bixo da Laxe”, “profesionaliceime” e animeime no Café Teatro de Tui, que ela mesma rexenta e no que tamén traballo. “Veña, pinta aquí, ven comigo, ti vales”. Antes só o facía para os amigos, para a miña filla, para min. Pero iso, grazas a Tati, que creu en min, empecei coas exposicións.
-Expuxeches o sábado 27 de maio no Torreiro da Festa en Vigo ¿que outras exposicións tes feito, individuais ou colectivas?
Pois levo pouco tempo (dous aniños) en serio, pero comecei por deseñar o cartel do Día Internacional da Muller Traballadora, facéndose unha exposición colectiva de mulleres, entre as cidades de Valença e Tui.
Despois tiven mostras individuais en Tui, unha na cafetería La Fábrica e outra, como non, no Café Teatro. En Gondomar expuxen no Café Rañolas, un lugar onde tamén se levan a cabo moitísimas actividades culturais (exposicións, concertos, contacontos, etc).
-¿Que temática soes reflectir nos teus cadros?
Normalmente como dixen, pinto soños. Porque cando máis me inspiro é pola noite, me esperto e teño que facer un bosquexo. Plasmo no lenzo o que teño na miña cabeza, non o que vexo. Evidentemente tamén fago copias, e pinto toda clase de cousas “reais”, pero cando mo piden. (Na imaxe, un retrato por encargo, a carboncillo, de dous neniños).
-Algún pintor que te guste ou que te inspire.
Dalí, para min, e o grande xenio. Encántanme as súas obras. É o máximo.
-¿Existe algunha obra, cadro ou pintura á que lle teñas un cariño especial ou que te custe ou custase desprenderte dela?
O meu primeiro cadro. Non me desfaría del nunca. Fíxeno alá polo ano 1998. É unha cousa rara: nel conflúen unha espiral, un ollo, unha lágrima, bastante escuro, pero foi a primeira vez que tiven contacto co óleo.
-Temos entendido que dás clases de debuxo. ¿Para todas as idades? ¿Que técnica? Cóntanos un pouquiño.
Si, dou clases para nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 15 anos, no Café Teatro de Tui, quen desexe información doulla sen compromiso. Comezo por debuxo a lápiz para ver como evolucionan e logo pinturas en mesa. Se lles gusta, entón xa nos metemos co óleo.
-Algunha obra que teñas en mente realizar ou que polo menos te gustaría acometer en breve.
Teño moitas ganas de pintar un fondo mariño. Creo que é moi complicado plasmar as transparencias e ao mesmo tempo que dea sensación de auga.
-¿Proxectos a curto prazo de Rosy Pereira?
Aparte de varios encargos pictóricos hai algunha proposta para introducirme no mundo do tatuaxe. Puxéronse fai pouco en contacto comigo por se estaba interesada e que me presentarían a unha persoa moi coñecida e respectada nese mundiño... e a cousa esta aí. A verdade é que si que me gustaría aprender a tatuar. Veremos que pasa e se vai para adiante.
A OUTRA ENTREVISTA
-Unha comida
Sen dúbida, a empanada de cocido.
-Unha bebida
O zumo de maracuyá.
-Un libro
La insoportable levedad del ser, de Milan Kundera.
-Unha película
El cuervo, de Álex Proyas. Tamén me gusta moito Dentro del laberinto, de Jim Henson.
-Música ou grupo musical
Canteca de Macao. En xeral, encántame a mestura étnica.
-Un cadro ou unha pintura
Los relojes blandos (La persistencia de la memoria), de Dalí.
-Un soño sen realizar
Estudar Belas Artes.
-Un sono cumprido
-Un sono cumprido
Criar á miña filla
-Unha frase ou refrán que apliques á vida
O Rosal, xuño de 2012.
0 comentarios:
Publicar un comentario