TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 jun 2012

O CLUB CICLISTA O ROSAL PARTICIPOU EN SOBER NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CONTRARRELOXO INDIVIDUAL


Raúl, antes de tomar a saída, xunto ao presidente, Xerardo. (Foto: C.C. O Rosal)

O sábado 9 de xuño celebrouse en Sober (Lugo) o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual. Ata alí se desprazou o equipo do Club Ciclista O Rosal. Esta é a crónica que se pode ler na súa web:

"Na categoría Cadete era Raúl Fernández o noso representante que partía como un "raio" marcando un dos mellores tempos á metade da carreira pero logo nos derradeiros quilómetros víñase un pouco abaixo e remataba na 11ª posición a 1´36" do vencedor.

Toñi Portela, comezando o percorrido. (Foto: C.C. O Rosal)
 
Na categoría Junior o primeiro en competir era Adrián Dorna que realizaba unha moi boa actuación rematando 28º a 2´55" do vencedor. Segundo en saír era Antonio Portela que marcou o mellor tempo intermedio pero ó que a última subida que había antes da meta lle pasaba factura e remataba nunha espléndida 8ª posición a tan só 23".
 
Manuel, agarda a orde para comezar a crono. (Foto: C.C. O Rosal)
 
Logo sería o turno de Pablo Cividanes que mediada a carreira sofría unha caída que o obrigaba ó abandono. Turno para Álex Lomba que nunha carreira moi regular remataba 15º a 1´08". Tocáballe logo a Adrián Vicente que remataba 17º a 2´44". Remataba a participación rosaleira Manuel González que tamén facía unha moi boa carreira para acadar o 10º posto a 38".

0 comentarios:

Publicar un comentario