Yasir (2º pola dereita) pousa con algúns dos seus compañeiros de equipo
Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal o sábado 23 de xuño disputouse en Padrón o Trofeo Sponsor organizado polo C.C. Padronés "e alí os nosos Benxamíns voltaban a facerse notar principalmente con Yasir, que acadaba un excelente 3º posto que lle valía para subir de novo ao "caixón" seguido de David Rodríguez no 8º posto.
Rubén Carnero que está a demostrar que pouco a pouco vai subindo escalóns na clasificación acadaba un óptimo 11º posto, Iago Álvarez no 21º, David Carnero no 22º e Irea Villa no 23º pecharían a participación "rosaleira".
En Alevíns destacar a progresión de Mario Fernández que xa nos primeiros metros da carreira saía como un "foguete" e pasaba a liderar a proba durante a primeira volta para logo ceder terreo aos máis veteráns e acabar no 13º posto. Destacamos tamén a progresión de María Correa que se vai adaptando á categoría e finalizaba 29ª.
En Infantís moi boa carreira de Manuel Dorna que aguantou durante oito voltas no grupo de cabeza para logo xa exhausto rematar no 24º posto seguido de Ero Sobrino no 28º, Xoel Villa no 35º, Elsa Portela 37ª e Claudia Portela 39ª.
Remataba a categoría Cadete onde o noso representante Raúl Fernández loitaba en solitario cos rivais de equipos máis numerosos e pagaba os esforzos cun magnífico 6º posto.
A próxima cita será en Teis (Vigo) na rúa Sanjurjo Badía o vindeiro domingo ás 10:00 horas para a disputa do 21º G.P. CICLISTA TEIS-18º MEMORIAL PABLO MEREIRAS para as categorías de Escolas e Cadetes".
0 comentarios:
Publicar un comentario