Informa: Educación Familiar / Concellaría de Servizos Sociais do Rosal
FUNDAMENTACIÓN E DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA
O Concello do Rosal dentro das súas actividades adicadas a promover hábitos saudables entre a xente más nova, quere pór de manifesto a importancia que ten o almorzo como unha das principais comidas do día, sobre todo entre nenas e nenos, xa que moitos deles prescinden desta comida, o que supón baixo rendemento nos estudos e cansanzo ó longo da mañá.
Realizaremos un bufet degustación dos diferentes grupos de alimentos que non deben faltar nunca no almorzo:
- Fibra: galletas, cereais, tostadas e pan.
- Fruta: cítricos variados, fresas, plátanos, piña e outras frutas.
- Lácteos: leite (de vaca, cabra e soia), queixo, cuaxada…
- Azúcares: mel e azucre.
- Graxas: manteca, margarina e aceite de oliva
O día que se realice a actividade coa súa aula, solicítase ao alumnado que leven unha taza e unha culler.
OBXECTIVOS E CONTIDOS BÁSICOS DO PROGRAMA
Obxectivos xerais que queremos acadar:
- Promover hábitos de vida saudables na poboación escolar.
- Coñecer os diferentes tipos de alimentos.
Contidos que traballaremos co alumnado:
Trataremos o tema das alerxias ó gluten, lácteos, etc., que diferentes nenos e nenas padecen.
Importancia de combinar boa alimentación e deporte, para o que o profesor de educación física colabora falando do deporte.
Traballaremos tamén o coñecemento de diferentes texturas, alimentos, sabores para que os propios rapaces e rapazas elaboren eles mesmos/as o seu almorzo ó gusto de cada un.
PERSOAS DESTINATARIAS E CRONOGRAMA
Poboación escolar de Educación Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier.
Levarase a cabo durante a semana do 18 ó 22 de xuño. O horario será a primeira hora, de 9 a 10.40 h., para que os/as rapaces/as poidan almorzar a primeira hora da mañá.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Realizarase na 1ª aula da Escola Obradoiro do Concello (nas inmediacións do centro escolar).
0 comentarios:
Publicar un comentario