Informa: Manuel Ángel Pombal
As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda e a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) organizan unha exposición sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa no marco do proxecto TEAM Miño (POCTEP, 2007-2013).
A exposición consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) e foi producida polo GAC 7. Os paneis da exposición están organizados baixo diferentes temáticas que inclúen “A Riqueza do Patrimonio”, a “Toponimia de Cangas e Cíes”, “A Talasonimia da Costa Sur”, “O Mar das Gamelas”, ou o “Patrimonio Industrial”.
Dentro da Talasonimia da Costa Sur, á que se lle dedican 4 paneis, cabe salientar o traballo de recollida de topónimos feito por Roberto Rodríguez Álvarez (veciño da parroquia de Pedornes) e Xosé Lois Vilar Pedreira (veciño de Baiona, pregoeiro da Festa do Cabaqueiro, O Rosal 2006).
En canto ó Patrimonio Industrial, que conta con dous paneis, coméntanse aspectos relacionados coa Fábrica de Regasende, a Fábrica do Alemán, un Cargadoiro de Mineral tipo “Cantilever”, un Forno de Cal ou a Granxa das Saíñas.
Por outra banda, a abundante Riqueza Patrimonial da costa sur pontevedresa desglósase en tres listados baixo os títulos: Bens Culturais Mobles, Bens Culturais Inmobles e Bens Culturais Inmateriais. Finalmente, amósanse, a modo de resumo, información diversa relacionada coas actividades desenvolvidas polo GAC 7.
A citada exposición poderá visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de xuño, e o 1 de xullo de 16.00 a 22.30 h. Todos aqueles que queiran coñecer un pouco máis da nosa costa están convidados a visitar a exposición Patrimonio Natural, xa que: Para protexer, hai que coñecer.
Por outra parte, tamén se presenta unha "interesantísima exposición fotográfica da autoría de Suso Iglesias, veciño de Teis (Vigo), despois de vivir (e convivir) coas súas xentes durante un ano en Lichinga (Mozambique)".
Por outra parte, tamén se presenta unha "interesantísima exposición fotográfica da autoría de Suso Iglesias, veciño de Teis (Vigo), despois de vivir (e convivir) coas súas xentes durante un ano en Lichinga (Mozambique)".
0 comentarios:
Publicar un comentario