TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 jun 2012

TRÍPTICO I RUTA DO VIÑO ALBARIÑO



Igualmente podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal a crónica do TRÍPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR-SUB 23 en Cambados "e o noso equipo Júnior acudía con tódolos seus integrantes dispoñibles e tanto na xornada de onte como na de hoxe acadaban postos altos na clasificación.

Comezaba a xornada de onte coa 1ª Etapa-1º Sector coa Cronoescalada Meaño-Alto do Busto sobre un percorrido de 3 km e Manuel González remataba 7º, cun tempo de 10´10" a 28" do gañador. Toñi Portela remataba 9º a 40", Álex Lomba 12º a 1´04", Pablo Cividanes 19º a 2´05", Adrián Dorna 31º a 3´54" e Adrián Vicente 32º a 4´06".

Acto seguido dábase paso ao 2º Sector MEAÑO-MEAÑO de 57 km e de novo Manuel voltaba a ser o mellor "rosaleiro" co 4º posto, seguido de Toñi Portela 7º, Álex Lomba 11º, Pablo 20º, Dorna 32º e Adrián Vicente 33º.

Ao remate desta primeira etapa a clasificación xeral quedaba así:

Manuel González 4º a tan só 31" do líder, Toñi Portela 7º a 51", Alex 11º a 2´11", Pablo 20º, Dorna 31º e A. Vicente 32º.

Destacar que ao remate desta xornada Antonio Portela era o líder das Metas Volantes con 3 puntos.

Xa no día de hoxe disputábase a segunda etapa CAMBADOS-CAMBADOS sobre unha distancia de 69 km. Era Antonio Portela o que destacaba ao rematar 3º da categoría Júnior a 12" do vencedor a unha media de 42 km/h. e 1º Júnior de primeiro ano. Álex Lomba remataba 11º, Manuel González 12º, Pablo 24º, Dorna 25º e A. Vicente 26º.

A clasificación xeral final sería a seguinte:

Manuel González 4º

Antonio Portela 6º

Álex Lomba 11º

Pablo Cividanes 23º

Adrián Dorna 32º

Adrián Vicente 33º

0 comentarios:

Publicar un comentario