Os días 30 de abril e 1 de maio celebraranse en Novás as Festas na honra de San José Obreiro.
O luns 30, gran verbena a cargo das orquestras Jerusalén e La Bámbola.
O martes día 1 de maio, ás 11:30 horas, acompañada da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, baixada do Santo en procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 unha misa de campaña na honra de San José, cantada pola coral Ecos do Folón.
Xa de tarde e a partir das 17:00 horas, actuación do Grupo de Pandereteiras Orballo da Agrupación Musical do Rosal.
A continuación, actuará o Grupo de Acordeóns J.V. Armónica (con Jaime Vilas).
Terá lugar en Novás o Show de Roberto Campelo ("A crisis tamén chegou a Novás") e subasta de produtos típicos.
O grupo de música tradicional Deixandar porá o broche final a estas Festas.
Dende a Organización, lembran que o recinto estará cuberto por unha gran carpa.
0 comentarios:
Publicar un comentario