O pasado xoves día 5 de abril a U.D. Ribera Alevín disputou a fase previa do VI Torneo de Fútbol Base Concello de Cerceda (A Coruña) quedando cuarto clasificado.
Esta cuarta posición lle dá dereito a participar na fase final contra equipos como o F.C. Barcelona, Valencia C.F., R.C. Deportivo de A Coruña ou R.C. Celta de Vigo, que se disputará o 28 de abril nas instalacións deportivas O Roxo, de Cerceda.
O Ribera quedou emparellado no grupo A con Orillamar, Deportivo e Barcelona. No grupo B estarán Valencia, Celta, Montañeros e Lugo.
O equipo Alevín do Ribera, que dirixen Nel e Capi, veñen de proclamarse campións do Torneo da Amizade en Tui e do Torneo de A Guarda por segundo ano consecutivo.
O bo traballo realizado nas categorías inferiores do Ribera se ve reflectido no nivel que están acadando os equipos e a proxección que teñen os nenos.
Dende Noticias O Rosal, o noso sincero agradecemento a Manuel Villa, Nel, Leo e Quesy por facilitarnos a información e fotografías desta pequena crónica.
0 comentarios:
Publicar un comentario