Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal
Bases do Concurso de Beléns no Concello do Rosal.
1º.- Poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.
2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 10 e 11 de decembro das 9:00 ás 12:00 horas no Concello do Rosal.
3º.- Os traballos presentados estarán expostos a partir do 12 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro.
4º.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2015 de 9:00 ás 12:00 horas, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.
5º.- Estableceranse dúas categorías:
Infantil: ata os 12 anos.
Xuvenil: dos 13 ata os 17 anos.
Adulto: a partir dos 18 anos.
6º.- Haberá un único premio para cada categoría:
Lote de libros adecuado ó participante gañador/a para a Categoría Infantil e Xuvenil
Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a Categoría Adulto.
7º.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno
8º.- A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios.
9º.- O fallo do xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.
10º.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos Beléns participantes en calquera medio que estime oportuno.
11º.- Prazo e lugar de inscrición dos Beléns, ata o día 9 de decembro no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural.
0 comentarios:
Publicar un comentario