Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o benxamín David Rodríguez foi o máis rápido dos 38 participantes da categoría e "estreouse no máis alto do caixón ao acadar unha merecida vitoria no XXI Trofeo Pista das Faias.
En canto aos seus compañeiros a ansia por acadar un posto no podio, fixo que cometeran algún que outro erro e o seguinte mellor clasificado era Yasir Martínez no 6º, Sergio Vicente 11º, Alberto García 12º, Irea Villa 13ª, Rubén Carnero 19º, Laura Teniente 20ª e David Carnero 25º.
En alevíns Mario Fernández sería 18º e María Correa 24ª.
En canto aos infantís tanto Xoel Villa como Manuel Dorna e Zaida González perdían volta con respecto da cabeza de carreira e eran baixados da mesma polos xuíces árbitros".
0 comentarios:
Publicar un comentario