TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 may 2012

INICIATIVA, LIBERARSE DO TABACO




Informa: Asociación Érguete Baixo Miño

31 de maio, Día Mundial sen Tabaco. A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “A interferencia da industria do tabaco” centrándose na necesidade de denunciar e contrarrestar os descarados intentos da industria tabaqueira para saltarse o Convenio Marco para o Control do Tabaco (CMCT da OMS).

O consumo de tabaco é unha das principais causas evitables de morte. A epidemia mundial do tabaquismo mata a preto de 6 millóns de persoas cada ano, das cales máis de 600.000 son non fumadores/as expostos ao fume de tabaco alleo. A menos que actuemos, o tabaco matará ata 8 millóns de persoas en 2030, das cales máis do 80% vivirá en países de baixos e medianos ingresos.

Na Asociación seguimos ofrecendo axuda psicolóxica a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun Curso de Deshabituación Tabáquica gratuíto e que permanece aberto durante todo o ano, será impartido pola Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!

 
Enlace campaña 2012:

Érguete Baixo Miño
Rúa Colón, 20.
36780 A Guarda (Pontevedra)
Telf./Fax: 986 61 44 07
http://erguete.org/
Séguenos en @ErgueteBM  
facebook.com/erguetebm



0 comentarios:

Publicar un comentario