O xoves 17 de maio, durante todo o día, celebraranse na Praza do Calvario do Rosal, actuacións musicais e diferentes actividades complementarias, organizadas pola Agrupación Musical do Rosal e o Concello, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.
Actuarán grupos de gaitas, a Banda e o Coro infantís, Grupos de Cámara, Pandereteiras Orballo e mesmo o grupo de música tradicional Lirolai.
Están previstas sesións de contacontos, exposicións, xoguetes antigos e obradoiros para nenos.
Haberá, como é tradicional, tapas como polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros, regados polos exquisitos viños do Rosal.
0 comentarios:
Publicar un comentario