O sábado 28 de abril tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do Club Ciclista O Rosal 2012. Presentou o acto o seu secretario, Juan Ramón Villa, quen foi chamando un a un, e por categorías, a todos os integrantes deste proxecto, dende os propios deportistas ata os directivos do Club.
Asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, así como os edís Mabel, Antonio, Ángel e Alberte, e ex-ciclistas e familiares dos deportistas.
Asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, así como os edís Mabel, Antonio, Ángel e Alberte, e ex-ciclistas e familiares dos deportistas.
Tal e como se pode ler na web, "foron presentadas tamén as derradeiras incorporacións, como son os irmáns David e Rubén Carnero, Laura Teniente e Sergio Vicente na categoría Benxamín e María Correa e Marcos Fernández na categoría Alevín".
Raúl Fernández, Antonio Portela e Manuel González foron premiados pola Directiva do Club con sendos trofeos conmemorativos da súa última e magnífica temporada.
Un dos momentos máis emotivos da Presentación, foi a entrega dun cadro ao avó de Antonio Portela, con éste pousando nunha fotografía co maillot de Campión de España.
Ao final do acto, e como colofón, a Directiva do Club Ciclista O Rosal que preside Gerardo Álvarez Martínez, convidou a todos os asistentes a uns pinchiños, desexando que polo menos esta temporada se obteñan os éxitos da anterior.
Club Ciclista O Rosal
PLANTILLA CORREDORES 2012
Junior
Adrián Dorna Rodríguez
Adrián Vicente Martínez
Alejandro Lomba Rodríguez
Antonio Portela Rodríguez
Iván Morais Bouzas
Kevin Rodríguez Santísima Trinidad
Manuel González Lomba
Pablo Cividanes Durán
Cadete
Andrés Fernández Da Silva
Cristóbal Coímbra Piñeiro
Raúl Fernández Lorenzo
Infantil
Claudia Portela Rodríguez
Elsa Portela Rodríguez
Ero Sobrino Dorado
Manuel Dorna Rodríguez
Xoel Villa Rodríguez
Zaida González Martínez
Alevín
María Correa Rubio
Marcos Fernández Pérez
Mario Fernández Lorenzo
Principiante
Alberto García García
Andrés Lago Alonso
David Carnero Taveira
David Rodríguez Alvarez
Iago Álvarez Lomba
Irea Villa Rodríguez
Laura Teniente Pena
Rubén Carnero Taveira
Sergio Vicente Fernández
Yasir Martínez Silva
¡¡Dende Noticias O Rosal, o noso agradecemento polo convite e a nosa noraboa a ciclistas, directivos e colaboradores!!
0 comentarios:
Publicar un comentario