O grupo de pandereteiras/os e música tradicional LIROLAI, atópase na fase final do concurso "Novoson 2012" da Radio Galega.
Lirolai preséntase coa canción "Rumba do muíño" dentro da sección "Músicas Urbanas e do Mundo". Para participar nos Premios do Público tan só hai que buscar o seu tema, abaixo á dereita, marcalo co rato e darlle a votar (pódese facer unha vez cada día ata as 0:00 horas do domingo 3 de xuño).
O día 4 de xuño daranse a coñecer os gañadores do Premio do Xurado no programa A Tarde, da Radio Galega.
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte!!
0 comentarios:
Publicar un comentario