O pasado domingo 20 de maio, na misa de 12, o abade párroco de Santa Mariña, D. Julio Ramos, presentou aos fieis a preciosa imaxe da Virxe María, con Neno, que tiña a restaurar nun taller da cidade de Tui.
Trátase, nas súas palabras, dunha fermosa e artística talla, que se atopaba "fóra do culto". Imaxe, de madeira policromada, de estilo gótico, dos séculos XV-XVI, contemporánea da Capela Maior, de fermosa crucería.
Loable idea na defensa do Patrimonio Parroquial. Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa.
0 comentarios:
Publicar un comentario