O Club Ciclista O Rosal ven de comunicarnos que "recupera unha carreira que xa levaba algúns anos sin celebrarse, como viña sendo o tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña, na súa sétima edición". A cita, este sábado 2 de xuño a partir das 17:00 horas.
"Comezarán a competición os Benxamíns cunha ximcana na mesma Praza do Calvario.
O resto das categorías realizarán un percorrido por un circuíto de 1,5 quilómetros con saída da Praza do Calvario seguindo pola rúa Simón del Mazo - Campo da Feira - rúa Gandarela - estrada de Sandián - rúa de Jesús Noya e meta na Praza do Calvario".
Voltas por categorías:
ALEVÍN: 3 VOLTAS
INFANTIL: 7 VOLTAS
CADETE: 15 VOLTAS
JUNIOR: 20 VOLTAS
0 comentarios:
Publicar un comentario