TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 dic 2008

Presentouse o número 3 da revista Soberosum

O xoves 4 de decembro tivo lugar a presentación do número 3 de Soberosum, Revista de Estudos do Museo Municipal de Ponteareas nas propias dependencias da biblioteca e museo desta vila. O acto foi presentado polo concelleiro de Cultura pontareán, Andrés Sampedro Fernández, quen deu paso ao coñecido escritor e investigador Clodio González Pérez. Este realizou un repaso dos diferentes volumes de Soberosum, facen-
do fincapé nos seus autores e as súas colaboracións ata o presente. Pechou o acto o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla quen recalcou a importan-
cia desta publicación para a Cultura e a Historia de toda a Comarca do Conda-
do, agradecendo a aportación desintere-
sada de cada un dos seus colaboradores. Precisamente, entre estes, se atopan convidados dous rosaleiros, Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa que escribiron na sección da revista de Arqueoloxía o artigo que leva por título Algúns gravados rupestres descubertos no concello das Neves. Parroquias de San Xoán de Rubiós, San Xosé e Santiago de Ribarteme. Achegaron tamén estudos histórico-etnográficos personalidades do mundo das letras galegas como o propio Clodio González Pérez, Ernesto Iglesias Almeida, Rafael Sánchez Bargiela, Xoán Xosé Pérez Labaca ou Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez. Aquí vos deixamos a relación completa de autores e os títulos das súas colaboracións no presente tomo de Soberosum: http://acomarca.blogspot.com/2008/12/xa-na-ra-o-nmero-3-de-soberosum.html

0 comentarios:

Publicar un comentario