O domingo 28 de decembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal terá lugar o festival de Nadal que organizan en colaboración a Escola Comarcal de Teatro e o Concello do Rosal. O festival para toda a familia consta de dúas partes, a primeira corre a cargo da compañía de teatro Albións, que fai unha recreación moi divertida dos paiasos tipo Augusto e Bianco. Bianco é un paiaso "listo" e non pode levar nada a bo término xa que sempre aparece Augusto, o paiaso "parvo" que termina tomándolle o pelo e buscando o lado absurdo da realidade. Sucédense divertidas situacións inspiradas na tradición do circo e nestas personaxes. Na segunda parte do festival rifaranse agasallos entre os que hai unha bicicleta, patíns, contos, balóns, etc. Se promete que haberá sorpresas. Este festival vén a sumarse ao que a Escola Comarcal de Teatro organiza o día anterior en Tomiño:
0 comentarios:
Publicar un comentario