Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar puxéronse o mércores 17 de decembro en contacto co Concello do Rosal e solicitaron un emisario para ir polas escolas da vila para axudarlles á recolleita das cartas dos nenos. Mentres este mensaxeiro real viaxaba por Fornelos, Novás, Marzán, Pías ou Tabagón, as Súas Maxestades visitaban o CPI Manuel Suárez Marquier. Recibidos con algarabía, os nenos ían metendo na urna real as súas misivas mentres o emisario e as SS.MM. os obsequiaban con lambetadas. Os Reis Magos -que mañá xoves seguirán coas súas visitas polas escolas rosaleiras- realizaron a última parada na Casa do Concello antes de retirarse aos seus aposentos para descansar na nosa vila despois de tantos e tantos quilómetros. Aquí vos deixamos a reportaxe desta xornada, previa á grande cita que terán que asumir os Reis cos nenos o 6 de xaneiro:
0 comentarios:
Publicar un comentario