O martes 9 de decembro se cumprirán seis meses do falecemento do popular veciño rosaleiro "Manoliño". Cónstanos que moita xente se enterou do seu pasamento por unha breve reseña que publicamos alá polo mes de xuño con motivo da celebración do seu funeral na igrexa de Santa Mariña (http://noticiasorosal.blogspot.com/2008/06/funeral-por-manolio.html). Dende aquí queremos lembrar a este singular home do pobo. ¿Quen non recorda os seus cánticos, oracións e proclamacións... un domingo pola mañá á saída da misa? ¿E as súas increíbles caracterizacións? ¿Ou a cresta que se fixo nunha coñecida peluquería da vila que ata saíu na TV? Esta fotografía cun dos seus "disfraces" foi tomada o día 12 de outubro de 1999, na XII Festa do Cabaqueiro. Facede click sobre a imaxe para ampliala.
0 comentarios:
Publicar un comentario