TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 dic 2008

Poema e relato curto gañadores do I Certame literario celebrado no Rosal

Aquí vos deixamos o poema de Antón Ferreira Lorenzo, e o relato de Anselmo Martínez Pena, gañadores do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero, organizado polo Servizo de Promoción da Muller do Concello do Rosal. Hai tempo que che roubaron os soños Hai tempo que che roubaron os soños, que che cortaron as ás da liberdade, que che prenderon as esperanzas, pero a nós, a nós ¿que nos importabas? Agochaches a queixa, muda de tanto berrar, no ventre estéril do vento e as bágoas que afogaban os teus ollos perdéronse coas primeiras chuvias de outono, pero a nós, a nós, ¿que nos importabas? Ti nunca tiveches primaveras, nunca; nunca soubeches de flores no teu xardín aldraxado. Nunca os teus soles tiveron albas, pero a nós, a nós ¿que nos importabas? No lenzo branco onde aniñaban os teus ollos baleiros e se encadeaban os días miserábeis da túa existencia, a espátula daquela loucura indomábel debuxou pantasmas vermellas desa vida acabada, pero a nós, a nós ¿que nos importabas? Agora si; agora si que nos importas, agora si… pero agora xa é demasiado tarde. ANTÓN FERREIRA LORENZO Facede click no enlace para ler o relato curto titulado Encontro casual: http://reportaxesorosal.blogspot.com/2008/12/relato-curto-gaador.html

0 comentarios:

Publicar un comentario