TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2008

Máis cobertura da rede "wifi" do Rosal

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de ampliación da súa rede Wireless “orosalwireless” cubrindo un 95% do seu territorio. Os novos emprazamentos dan cobertura ás zonas de Pías, Telleira, Cunchada, Fornelos ou Eiras. O ano que vén levaranse a cabo máis ampliacións e reforzos nas zonas onde o nivel de cobertura sexa deficiente ou nulo. Os únicos requisitos para poder empregar o servizo son: estar empadroado no concello e solicitar no departamento informático un usuario/contrasinal de acceso. Ademais débese mercar un equipo cliente (cpe)específico para poder conectarse á rede. Non todos os equipos clientes que se comercializan no mercado son compatibles, polo que o mellor ante a dúbida é dirixirse ao Departamento Informático do Concello.
Por outra banda, para ter unha cobertura óptima e boa velocidade de navegación e desfrutar así dun bo servizo, é recomendable a colocación dos equipos clientes de conexión no exterior da vivenda, sobre todo nas zonas rurais do Concello. A instalación sería moi similar, para facernos unha idea, á antena de TV ou Radio que temos nas nosas casas. Existen guías de como facer este tipo de instalación e axustala para ter mellor cobertura no foro oficial. Actualmente o número de altas supera as 1300, e seguimos crecendo cada día. A rede posúe unha serie de restriccións como o emprego de programas p2p, ou de descarga directa. Máis información en: http://wireless.orosal.es/foro

0 comentarios:

Publicar un comentario