Segundo nos informa Neli Rodríguez, a Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño organiza o luns 15 de decembro unha homenaxe aos socios que pertencen a esta institución e que veñen colaborando desinteresadamente dende fai máis de 20 anos. En concreto cinco particulares e catro empresas: María Emilia Rodríguez Nan-
dín; César Castro Rodrí-
guez; Laura Castro Barcia; Victorino Caneiro Fernández; Jaime Álva-
rez Mauri. En canto a empresas recoñecerase a labor de Camposantos Hostelería; Club Ciclista Guardés; Automóviles de Tuy e Soper S.L. A todos eles se lles fará entrega dunha placa conmemorativa e dun diploma acreditativo da súa fidelidade e compromiso. A cita será no Centro Cultural da Guarda ás 19 horas e está confirmada a presenza do presidente provincial de Cruz Roja, Jorge Araújo Cortegoso, do presidente comarcal Paulino Baz Martínez (na fotografía) e do alcalde do concello guardés, José Manuel Domínguez Freitas. Esta homenaxe ten como principal obxectivo o facer visible e extensivo o agradecemento a todas aquelas persoas da Comarca do Baixo Miño que co seu esforzo e aportación contribúen a mellorar a calidade de vida de moitas outras que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. Ao final deste acto se realizará unha breve presentación das actividades desenroladas por Cruz Roja Baixo Miño durante o período 2007/2008.
0 comentarios:
Publicar un comentario