TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2008

Agradecemento da Concellaría de Turismo

Dende o Concello do Rosal e máis concretamente dende o Departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano (na fotografía) queren dar as grazas a cantas persoas decidiron visitar a nosa Vila neste ano 2008 que está a punto de rematar. Polas Oficinas de San Miguel de Tabagón e os Muíños do Folón e Picón pasaron só nos meses de verán (entre xullo e setembro) un total de 5284 visitantes, sendo agosto (2355 v.) o mes con máis afluencia de turistas. Para este novo ano 2009 que está a piques de comezar, dende a Concellaría de Turismo e coa colaboración de todos os restaurantes do Rosal "ofértase a posibilidade de –por un módico prezo- realizar rutas guiadas á carta. Estas visitas culturais, histórico-etnográficas ou paisaxístico-naturais con servizo de guía municipal estarán ao dispor de quen opte por achegarse a O Rosal a pasar un día de lecer á vez que disfruta da nosa excelente gastronomía".
Testemuños arqueolóxicos e da arte rupestre, igrexas, capelas, cruceiros, cruces, petos de ánimas, muíños, serras, fontes, lavadoiros, ríos, praias, viñedos… todo se conxuga á perfección nestas fértiles terras. "Convidamos a visitar O Rosal a todos aqueles que aínda non o coñezan á vez que aproveitamos para desexarlles unhas felices festas e un mellor ano 2009". Para solicitar máis información turística poden chamar aos teléfonos do Concello: 986 62 50 00 ou 986 62 50 17.

0 comentarios:

Publicar un comentario