5 jun 2012
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN
5.6.12
Comentar
A Xunta Directiva da S.D. Atl. Novás Balonmán, convoca a tódolos Socios e Socias á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Pavillón Municipal o DOMINGO 17 DE XUÑO DE 2012, ás 11:30 horas en primeira convocatoria, e ás 12:00 horas en segunda convocatoria coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Balance deportivo dos equipos desta Sociedade na Tempada 11/12.
2. Estado de contas.
3. Xunta Directiva.
4. Rogos e preguntas.
ESTEBAN PEDROSA, PORTEIRO DO ATLÉTICO NOVÁS ANUNCIA A SÚA RETIRADA DO BALONMÁN
5.6.12
Comentar
Foto: Mecalia Atlético Novás
Segundo podemos ler na páxina oficial de facebook do Mecalia Atlético Novás, o porteiro Esteban Pedrosa anuncia a súa retirada do balonmán.
Velaquí vos deixamos íntegras as palabras publicadas no perfil do Novás:
"Ya se venía rumoreando en los últimos tiempos y a pesar de que todo el mundo ha intentado convencerlo, nadie ha sido capaz de convencer al mejor portero que ha tenido el Novás, Esteban Pedrosa, para que siga ligado al club, ni al balonmano ni una temporada más.
A los 37 años, tras 23 jugando al balonmano y 12 en el Atlético Novás, en el que ha sido siempre la referencia en la portería y una de las principales del equipo en cada uno de eses años dejará un vacío que será de las misiones más dificiles para la directiva durante este verano, cubrir ese hueco.
Agradecer a Esteban su compromiso y profesionalidad de parte de todo el club y de la afición. Muchas gracias por todo, y ya sabe que si recapacita aquí siempre tendrá su casa".
4 jun 2012
VOLVEN AS ANDAINAS DO PROGRAMA “O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO” COA VISITA AOS MUÍÑOS DE IGNACIO
4.6.12
Comentar
O sábado 23 de xuño o Concello do Rosal volve a organizar unha nova andaina polo municipio, tras o éxito e a boa acollida das celebradas en 2011.
Lembramos que xa se percorreron os Muíños do Folón e do Picón, a Senda de Pescadores (dende As Aceñas ás Eiras), o Camiño Portugués pola Costa, Sanxián e Portecelo, visitáronse as igrexas parroquiais do Concello (Santa Mariña, San Xoán e San Miguel de Tabagón, San Bartolomeu das Eiras), as súas capelas, os sepulcros de Marzán, a ponte do Tamuxe, a serra do Pijorro, a ruta das Pesqueiras (Urgal-Fornelos), a ruta dos Cruceiros, Niño do Corvo, etc.
Desta vez, sairase ás 15:30 horas dende as inmediacións da ponte e da adega Lagar, en Fornelos, para –entre outros lugares- coñecer o contorno do río da Cal, as súas pozas e os “Muíños da Pinta”, propiedade de Ignacio González Rivas, “O Perruqueiro”.
O encargado de guiar e ofrecer as explicacións histórico-culturais durante a andaina, ao igual que todas as realizadas o ano pasado, será Juan Ramón Martínez Barbosa, quen nesta ocasión estará acompañado tamén polo propio Ignacio (na imaxe), recoñecido aventureiro e amante da cultura e da natureza galegas.
Quen desexe máis información ou anotarse nesta actividade –que é gratuíta- pode facelo chamando ao teléfono do Concello (986 62 50 00) deixando o seu nome e apelidos, así como o seu número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas adversas.
Recoméndase dende a Organización, levar roupa cómoda e calzado axeitado, gorra, protección solar, un bocadillo e auga.
3 jun 2012
A EXPOSICIÓN "PATRIMONIO NATURAL" PRODUCIDA POLO GAC 7 VISITA O CENTRO CULTURAL DE PEDORNES
3.6.12
Comentar
Informa: Manuel Ángel Pombal
As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda e a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) organizan unha exposición sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa no marco do proxecto TEAM Miño (POCTEP, 2007-2013).
A exposición consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) e foi producida polo GAC 7. Os paneis da exposición están organizados baixo diferentes temáticas que inclúen “A Riqueza do Patrimonio”, a “Toponimia de Cangas e Cíes”, “A Talasonimia da Costa Sur”, “O Mar das Gamelas”, ou o “Patrimonio Industrial”.
Dentro da Talasonimia da Costa Sur, á que se lle dedican 4 paneis, cabe salientar o traballo de recollida de topónimos feito por Roberto Rodríguez Álvarez (veciño da parroquia de Pedornes) e Xosé Lois Vilar Pedreira (veciño de Baiona, pregoeiro da Festa do Cabaqueiro, O Rosal 2006).
En canto ó Patrimonio Industrial, que conta con dous paneis, coméntanse aspectos relacionados coa Fábrica de Regasende, a Fábrica do Alemán, un Cargadoiro de Mineral tipo “Cantilever”, un Forno de Cal ou a Granxa das Saíñas.
Por outra banda, a abundante Riqueza Patrimonial da costa sur pontevedresa desglósase en tres listados baixo os títulos: Bens Culturais Mobles, Bens Culturais Inmobles e Bens Culturais Inmateriais. Finalmente, amósanse, a modo de resumo, información diversa relacionada coas actividades desenvolvidas polo GAC 7.
A citada exposición poderá visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de xuño, e o 1 de xullo de 16.00 a 22.30 h. Todos aqueles que queiran coñecer un pouco máis da nosa costa están convidados a visitar a exposición Patrimonio Natural, xa que: Para protexer, hai que coñecer.
Por outra parte, tamén se presenta unha "interesantísima exposición fotográfica da autoría de Suso Iglesias, veciño de Teis (Vigo), despois de vivir (e convivir) coas súas xentes durante un ano en Lichinga (Mozambique)".
Por outra parte, tamén se presenta unha "interesantísima exposición fotográfica da autoría de Suso Iglesias, veciño de Teis (Vigo), despois de vivir (e convivir) coas súas xentes durante un ano en Lichinga (Mozambique)".
1 jun 2012
A ASEMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN
1.6.12
Comentar
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Iniciaremos diversas actividades en los ayuntamiento de A Guarda, Oia y Tomiño. Se prevé la participación de más de 75 niñ@s y 15 voluntari@s.
Cruz Roja Española informa que desde su Asamblea Comarcal Baixo Miño pondrá en marcha el próximo 2 de julio sus actividades de verano. EL PLAZO DE INSCRIPCIÓN COMIENZA HOY, VIERNES 1 DE JUNIO.
Las ludovermellas se desarrollarán en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, en las dependencias de la Omix de Tomiño y en el parque de O MONTIÑO de A Guarda, en horario de 11.00 a 13.00 h., en A Guarda y Oia; en Tomiño de 10.00 a 13.00 h.
Las actividades están dirigidas a niñ@s con edades comprendidas entre los 5 y 12 años. La finalidad de estos talleres es hacer llegar a l@s niñ@s valores como solidaridad, tolerancia, cooperación, empatía, compañerismo, respeto… además de fomentar la interrelación entre niños de distintos grupos de edad.
Los objetivos que se pretenden conseguir son básicamente los siguientes:
- Promover la adquisición de nuevos hábitos lúdicos y educativos.
- Fomentar la participación.
- Promover la adquisición de valores y conductas positivas respecto a la vida grupal y a la convivencia.
- Reforzar y favorecer la creación de redes interpersonales…
Estos talleres, de carácter gratuíto, serán realizados los lunes en Oia; martes y jueves en A Guarda; los viernes en Tomiño.
Para más información, reserva o inscripción deberán dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71
DESPEDIDA NO URGAL Á TEMPADA 2011/12 DAS CATEGORÍAS INFERIORES DO NOVÁS
1.6.12
Comentar
Informa: Aurora Lomba.
O domingo 27 de maio celebramos no Urgal a despedida desta tempada 2011/12 do balonmán Benjamín, Alevín e Infantil do Atlético Novás.
O noso agradecemento a todos por colaborar. Voltaremos en setembro.
OS DEPORTISTAS DO SAN XEROME CONSEGUEN 11 MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO
1.6.12
Comentar
Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
As probas disputáronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa. A organización correu a cargo da Federación Galega de Deportes para Discapacitados Intelectuais (FEGADDI).
Participaron un total de 14 Clubs da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de participación: competición, categoría adaptada e xogo.
Na máxima categoría, ou sexa Competición, os nosos medallistas foron:
• Borja Cadilla (1º en 800 m. e 2º en 3000 m.)
• Luís Sández (2º en 800 m.)
• Amparo Ferreira (1ª en 3000 m.)
• Maite Santos (1ª en 1500 m.)
• María F. García (3ª en lanzamento de peso)
Na segunda categoría (Adaptada):
• Maite Barros (1ª en 150 m. e 1ª en 400 m.)
• Carmen Verde (1ª en 60 m. e 2ª en 150 m.)
Na terceira categoría (Xogo):
• Rosa María Álvarez (1ª en 60 m.)
Non conseguiron medalla nesta ocasión: Diogo Cordeiro (Competición), Paco Varela (Adaptada) e Raquel Rodríguez (Xogo).
A actividade deportiva remata este ano coa participación de 8 deportistas do noso Club, representando a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (San Fernando-Cádiz). Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala), Maite Barros, María F. García, Amparo Ferreira, Rosalía González e Maite Santos (Baloncesto). Formará parte da expedición galega como adestradora de baloncesto a nosa compañeira Tere Piñeiro.
Como en anos anteriores, e grazas á colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de xuño teremos unha xornada lúdico-deportiva no río Tamuxe, con diferentes actividades (piragüismo, etc) para celebrar os éxitos da tempada deportiva.
GRACIÑAS! A todos os que colaboraron dunha ou doutra maneira para manter vivo o noso Club deportivo, nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.
31 may 2012
O VENRES 8 DE XUÑO INAUGÚRANSE OS XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL
31.5.12
Comentar
O venres 8 de xuño inaugúranse os XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL 2012.
Velaquí vos deixamos os horarios desta fin de semana, onde se disputarán os primeiros partidos de futbito e balonmán no Pavillón Municipal do Rosal.
Para comezar, o venres ás 21:00 horas, FUTBITO ALEVÍN, xogándose o partido MARTÍN-EIRAS e xa ás 21:35 horas, o encontro entre FORNELOS e NOVÁS.
A partir das 22:10 h., BALONMÁN SENIOR MASCULINO cos seguintes encontros: PÍAS-MARZÁN, FORNELOS-SULCC (22:55 h., ) e NOVÁS-CALVARIO (23:40 h.)
CLAUSURADA A EXPOSICIÓN DO TALLER DE FOTOGRAFÍA IMPARTIDO POR INÉS MONTENEGRO NO CENTRO SAN XEROME
31.5.12
Comentar
Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
Fotografías: Inés Montenegro
Clausurada a exposición medioambiental do Taller de Fotografía do Proxecto Comenius Regio, que estivo aberta ao público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.
Estas son as impresións de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller.
“Dúas persoas miran ó exterior a través dos mesmos barrotes: unha mira o fango e a outra as estrelas”. Frederick Langbridge (1849–1922)
"Nada hai máis sorprendente e enriquecedor que cinco, dez, quince persoas mirando a mesma paisaxe a través de distintos ollos, o mesmo obxecto a través de distintas perspectivas, a mesma luz a través de distintas cámaras.
Ao longo de 7 meses temos aprendido que a diversidade é boa, pero que no fondo non somos tan diversos como cremos. Ó principio achegámonos uns ós outros con ideas preconcebidas, con prexuízos, pero pouco a pouco a realidade os vai tumbando para deixarnos mirar a ilusión e as gañas de comunicar e de aprender o que hai en cada un de nós.
Ó final, o bosque permitiunos mirar as árbores e apreciar raíces, copas e troncos sen máis filtro que o do traballo ben feito.
Durante o Taller temos aprendido a combinar as cores, a buscar puntos de vista, a fixarnos no pequeno e no grande, a experimentar, a retratar persoas, a inventarnos fotos que non existían, a non darnos por satisfeitos cunha toma.
Tamén temos ollado fotos, moitas fotos, de artistas contemporáneos e clásicos, e trasladamos o Taller á rúa, á praia e ó monte cando fixo falta. O resultado é unha nova forma de mirar o mundo, que agardamos que siga con nós moito tempo para poder amosar a súa beleza pero tamén as súas vergoñas".
As fotografías son obra de Inés Montenegro, durante a realización do Taller de Fotografía, incluído nas actividades de integración do Proxecto Europeo Comenius Regio coa participación de alumnos do CPI e IES A Sangriña e do San Xerome.
30 may 2012
A PARELLA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" PARTICIPARÁ EN BEMBIBRE (LEÓN) NO I BEMBIBELASALSA PARTY 2012
30.5.12
Comentar
Foto: Juan Carlos Díaz
A parella de bailaríns "Jose y Rosy" participarán no I Bembibelasalsa Party que se celebrará o sábado 2 de xuño na Sala Damdhara, en Bembibre (El Bierzo-León).
Esta festa, segundo a Organización, contará "con la mejor música latina y los mejores profesionales".
"Jose y Rosy" impartirán dous obradoiros, un de cha cha cha e outro de salsa. Os horarios, de 20.00h a 21.00h e de 21.00h a 22.00h.
Haberá dous dj's locais: Dj Julioson (León) e Dj Carlos (Bembibre).
DISPUTOUSE A ÚLTIMA XORNADA DO TORNEO INTEGRACIÓN DE FÚTBOL DO PROXECTO COMENIUS REGIO
30.5.12
Comentar
Somascos B, equipo gañador
Onte, martes día 29 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do “Torneo integración” de fútbol, incluído no Proxecto Europeo Comenius Regio.
Nesta ocasión foi a quenda dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas do San Xerome e Avelaíña.
Os equipos estaban formados por xogadores da Sangriña e Somascos xunto cos do San Xerome e Avelaíña.
Xornada deportiva de amizade e integración, cun magnífico ambiente, que rematou co triunfo do equipo de Somascos B con xogadores deste Centro, xunto con Carmelo, Pepe, María e Amparo (San Xerome) e Julio (Avelaíña). No segundo lugar clasificouse o equipo do IES A Sangriña B.
A organización do Torneo, quere agradecer publicamente o exemplar comportamento de tódolos deportistas participantes e o esforzo solidario realizado polos seus adestradores para poder estar presentes nas tres xornadas do Torneo. Graciñas tamén aos voluntarios colaboradores: Ana Lozano (fotógrafa), Rubén (árbitro), etc, etc.
INICIATIVA, LIBERARSE DO TABACO
30.5.12
Comentar
Informa: Asociación Érguete Baixo Miño
31 de maio, Día Mundial sen Tabaco. A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “A interferencia da industria do tabaco” centrándose na necesidade de denunciar e contrarrestar os descarados intentos da industria tabaqueira para saltarse o Convenio Marco para o Control do Tabaco (CMCT da OMS).
O consumo de tabaco é unha das principais causas evitables de morte. A epidemia mundial do tabaquismo mata a preto de 6 millóns de persoas cada ano, das cales máis de 600.000 son non fumadores/as expostos ao fume de tabaco alleo. A menos que actuemos, o tabaco matará ata 8 millóns de persoas en 2030, das cales máis do 80% vivirá en países de baixos e medianos ingresos.
Na Asociación seguimos ofrecendo axuda psicolóxica a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun Curso de Deshabituación Tabáquica gratuíto e que permanece aberto durante todo o ano, será impartido pola Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!
Enlace campaña 2012:
Érguete Baixo Miño
Rúa Colón, 20.
36780 A Guarda (Pontevedra)
Telf./Fax: 986 61 44 07
http://erguete.org/
Séguenos en @ErgueteBM
facebook.com/erguetebm
29 may 2012
O NOSO VOTO PARA O GRUPO LIROLAI, QUE PARTICIPA EN "NOVOSON 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA
29.5.12
Comentar
O grupo de pandereteiras/os e música tradicional LIROLAI, atópase na fase final do concurso "Novoson 2012" da Radio Galega.
Lirolai preséntase coa canción "Rumba do muíño" dentro da sección "Músicas Urbanas e do Mundo". Para participar nos Premios do Público tan só hai que buscar o seu tema, abaixo á dereita, marcalo co rato e darlle a votar (pódese facer unha vez cada día ata as 0:00 horas do domingo 3 de xuño).
O día 4 de xuño daranse a coñecer os gañadores do Premio do Xurado no programa A Tarde, da Radio Galega.
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte!!
28 may 2012
CLASES DE GAITA E PERCUSIÓN A CARGO DA ASOCIACIÓN CULTURAL XIDA
Impártense clases de gaita e percusión. Segundo comunican dende a Asociación Cultural Xida "precisamos bombeir@s e gaiteir@s para un novo proxecto de música tradicional no Baixo Miño".
Os ensaios realízanse os luns no Rosal e na Guarda, de 20 a 22 horas.
Máis información no teléfono 696 372 798 (Óscar), no correo electrónico acxida@gmail.com ou ben mediante o facebook (O Trebón dos Xidos).
CRUZ ROJA E O SAN XEROME COLABORAN NO PROXECTO MOVIÉNDONOS POR EL RÍO
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Cruz Roja seguirá con las actividades programadas en el proyecto “Moviéndonos por el río” en la que hoy, martes 29 de mayo, se procederá a la limpieza de las márgenes del río.
Lembramos dende Noticias O Rosal que tamén o mércores 27 de abril do pasado 2011, noutra actividade do proxecto "Moviéndonos por el río", voluntarios/as de Cruz Roja procederon á instalación de carteis de concienciación medioambiental na ribeira fluvial do río Folón, en Martín (O Rosal), co apoio de alumnos/as do colexio San Xerome Emiliani e a colaboración da concellería de Medio Ambiente rosaleira, que dirixe Charo Tabales Perozo.
Cruz Roja seguirá con las actividades programadas en el proyecto “Moviéndonos por el río” en la que hoy, martes 29 de mayo, se procederá a la limpieza de las márgenes del río.
Lembramos dende Noticias O Rosal que tamén o mércores 27 de abril do pasado 2011, noutra actividade do proxecto "Moviéndonos por el río", voluntarios/as de Cruz Roja procederon á instalación de carteis de concienciación medioambiental na ribeira fluvial do río Folón, en Martín (O Rosal), co apoio de alumnos/as do colexio San Xerome Emiliani e a colaboración da concellería de Medio Ambiente rosaleira, que dirixe Charo Tabales Perozo.
Cruz Roja continúa con las actividades del Proyecto “Moviéndonos por el Río”, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño, y sus afluentes, a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos.
Para la puesta en marcha de este proyecto, financiado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y con la colaboración de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil, se han creado equipos de voluntarios que participarán en acciones formativas, así como diagnósticos, evaluaciones del Miño, y actividades de concienciación, que favorecerán y contribuirán a la conservación del río.
Acciones de intervención
Hoy, martes 29 de mayo, en los márgenes del río Miño, concretamente en la zona de la playa de O Molino, tendrán lugar acciones de intervención directa sobre las márgenes del río.
Para ello, los voluntarios del proyecto “Moviéndonos por el río” y los alumnos del colegio “San Xerome Emiliani” procederán a la retirada y limpieza de residuos que pudiesen encontrarse en esta zona.
Animamos a todos aquellos ciudadanos del Baixo Miño a dedicar parte de su tiempo libre al medio ambiente y a estas acciones de mejora de nuestro espacio natural.
Nuestro compromiso
Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).
Para más información:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda (Pontevedra)
O VII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA CELÉBRASE O SÁBADO
O Club Ciclista O Rosal ven de comunicarnos que "recupera unha carreira que xa levaba algúns anos sin celebrarse, como viña sendo o tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña, na súa sétima edición". A cita, este sábado 2 de xuño a partir das 17:00 horas.
"Comezarán a competición os Benxamíns cunha ximcana na mesma Praza do Calvario.
O resto das categorías realizarán un percorrido por un circuíto de 1,5 quilómetros con saída da Praza do Calvario seguindo pola rúa Simón del Mazo - Campo da Feira - rúa Gandarela - estrada de Sandián - rúa de Jesús Noya e meta na Praza do Calvario".
Voltas por categorías:
ALEVÍN: 3 VOLTAS
INFANTIL: 7 VOLTAS
CADETE: 15 VOLTAS
JUNIOR: 20 VOLTAS

















.jpg)










