Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, este venres 9 de novembro ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Exposicións do Rosal unha nova presentación do Banco do Tempo da Guarda, iniciativa do Colectivo Ardentía "para que os veciños do Rosal coñezan o noso proxecto.
Así mesmo, "por cercanía e veciñanza, as persoas que viven no Rosal tamén poden acceder aos servizos, bens e coñecementos que desde o Banco do Tempo ofertamos na Guarda e a Comarca do Baixo Miño.
Para aquelas persoas que aínda non coñecedes o BDT da Guarda, tedes unha nova oportunidade de informarvos dun xeito ameno e interactivo sobre o tema".
0 comentarios:
Publicar un comentario