O Calvario baixo o Arco da Vella. (Foto: Juan Ramón Martínez)
A
Cafetería do Centro Social de Estás (Tomiño) acollerá dende este mércores 28 de
novembro ata o domingo 23 de decembro, unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes
do Baixo Miño e Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia
traspasa fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía).
Chalés adosados. (Foto: Chus López)
Sara
Gándara, Chus López, María Pérez e Juan Ramón Martínez, son os catro autores dunhas
instantáneas que principalmente amosarán lugares ben coñecidos da Comarca e -outros
tamén por descubrir- do noso fértil e fermoso territorio galego, pero iso si,
dende unha óptica moi diferente á cotidiá.
A
exposición estará aberta todos os días, en horario da cafetería, dende as 10:30
horas da mañá.
0 comentarios:
Publicar un comentario