Este domingo 11 de novembro -e se o tempo acompaña- celebrarase no Rosal a tradicional Romaría de San Martiño.
Tal e como se pode ler no cartel, ás 9:30 horas da mañá celebrarase unha misa na igrexa parroquial de Santa Mariña. Xa ás 10:30 horas o Santo sairá en procesión ata a súa ermida, onde ás 12 horas oficiarase unha isa solemne con sermón.
O grupo de gaitas Albariños de O Rosal animará a Romaría. No caso de que fixera mal tempo, os actos trasladaríanse ao domingo 18 de novembro.
0 comentarios:
Publicar un comentario