O rosaleiro José Luis Pérez Enríquez, coñecido artisticamente por "José Pérez", actuará -por vez primeira e oficialmente- no programa Recantos do Luar (TVG) o venres 16 de novembro.
Lembramos que José Pérez sae todos os venres a partir das 22:00 horas no Luar e representa no concurso deste coñecido programa da Televisión de Galicia á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta).
Unha valla publicitaria-cartel xigante situado na rotonda da Mata lembra a efeméride, á vez que lle desexa sorte de parte de todos os veciños do Rosal.
¡¡A nosa noraboa!!
0 comentarios:
Publicar un comentario