1º.- COCIÑA DE NADAL NO ROSAL
En cada sesión de 2.5 horas realizarase un menú económico consistente en:
· Entrante
· Plato principal
· Postre
Así como a súa presentación na mesa. Aproveitaremos tamén para facer coas sobras ricos e orixinais pratos para aforrar.
Podemos facer en cada sesión:
· Cea de Noiteboa,
· Cea de Fin de Ano
· Cea de Noite de Reis
O prezo de cada sesión é de 11,50€
Realizarase os sábados de 10.00 a 12.30 ou nun día da semana pola tarde-noite...en función do que soliciten os participantes.
2º.- REPOSTERÍA DE NADAL NO ROSAL
¿Queres aprender a facer un bizcoito con forma de árbore de Nadal?
¿Ou un tronco de Nadal?
¿Ou unhas galletas de figuras de Nadal?
Este é o teu obradoiro entón. Sesións de 2 horas de duración para cada unha das receitas.
Cada obradoiro ten un prezo de 8€.
Realizaranse os sábados pola mañá de 10.00 a 12.00 ou un día de luns a xoves de 20.00 a 22.00, o que a maioría escolla. Comezamos en canto teñamos o grupo mínimo.
INSCRICIÓNS NO SERVIZO DE INFORMACIÓN XUVENIL DO ROSAL (986 609450)
0 comentarios:
Publicar un comentario