FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2010

O I Campionato Feminino de Futbolín, no Rosal


Reportaxe fotográfica: Nuria Villa, Nina López e colaboradores.

O pasado venres 20 de agosto tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do I Campionato de Futbolín Feminino Noticias O Rosal.

Este torneo contou –entre outros- coa colaboración do Concello, a Agrupación Musical e a Asociación de Comerciantes da vila.


Abriu os actos o alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida ás participantes e ao público asistente, entre os que se atopaban o atleta olímpico David Gómez Martínez ou o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa e o de Xuventude, Pablo Flores Díaz.


Cun ton sempre humorístico e nun ambiente de cordialidade agradeceu á organización deste torneo “feminino” o levar a cabo este innovador proxecto de lecer, deportivo, cultural e aínda turístico. Lembrou así mesmo Fernández Portela o éxito do Campionato dos Cabaqueiros organizado o ano pasado, resaltando que nesta edición se abrirá o prazo de inscrición o 10 de setembro.
 


Rematada a súa aplaudida intervención deu paso a Juan Ramón Martínez Barbosa -coordinador de Noticias O Rosal e do I Campionato de Futbolín Feminino- para que fora presentando todos os pormenores, curiosidades, horarios, emparellamentos, etc., do torneo.

Sinalou Juan Ramón que se inscribiran 14 parellas pero -que por certos compromisos e diferentes motivos de axenda de moitas delas- finalmente o número reduciuse a 10, sendo polo tanto, 20 as mulleres participantes.
Para esta ocasión –e aínda que as partidas xogaríanse coas mesas do Pub J&J e do Bar Troya- contouse co futbolín “Presas 2000 Competición” de Dani Rodríguez, colaborador de Noticias O Rosal. Na pantalla xigante do Auditorio proxectáronse cunha cámara preparada para a ocasión, varias partidas de exhibición á vez que se realizaba o sorteo para comezar o día seguinte os encontros nos locais citados.

A presentación contou tamén coa actuación do grupo de pandereteiras Orballo, da Agrupación Musical do Rosal, formado habitualmente por nove membros, todos rosaleiros menos unha compoñente, da Guarda. A posteriori Orballo tamén participaría o domingo na Praza do Calvario nas partidas finais e entrega de premios.



Xa cara ao final do acto, unha das sorpresas da noite. O “speaker” anunciaba que estaban chegando a O Rosal as campionas da Coruña de futbolín, Elena Rodríguez e Sandra Limeses, que tamén se tiñan apuntado. O que non se imaxinaba o público foi que realmente eran Efrén Rodríguez e Santi Lima, colaboradores da web, quen ben ataviados con prendas femininas fixeron a entrada no escenario do Auditorio, levando o conseguinte alivio para as participantes á vez que sacaba máis dun sorriso e gargalladas entre os asistentes.
Aparte desta pequena broma, as parellas inscritas para o I Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal foron as seguintes:


BAR FLORO
Maite María Martínez González
Noelia Álvarez Baquero

CAMPOSINAS
María Martínez Pereira
Bea Rodríguez Martínez

CLAUDIA E CRIS
Claudia Silva Días
Cristina Brey Fernández

PELUQUERÍA ADDICT
Eva Mª Fernández Vicente
Tania Rodríguez Rodríguez

PODEMOS
Ruth Martínez Barbosa
Mary Domínguez Rodríguez

PUB J&J
Mónica Arzúa Domínguez
Andrea Martínez Vázquez

REBECA E MARÍA
Rebeca Alonso Estévez
María Salinas García

SONIA E MALENA
Sonia Castro Rodríguez
Malena Pérez Otero

TODO PERDIDO
Ana Rodríguez Lomba
Luisa Fernández Álvarez

XURU E SOFÍA
Ana Pérez Otero
Sofía Gómez Sobrino

27 ago 2010

XXI Festival de Músicos Xoves, na Praza


A remates deste mes de agosto terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXI Festival de Músicos Xoves, que se vén celebrando dende o ano 1989.

O venres día 27, a partir das 21:00 h. participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Banda-Escola de Música de Beade e a Agrupación Musical do Rosal.

O sábado 28, á mesma hora, estará adicado á música coral e participarán a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Tameiga-Mos, o Coro Cantábile da Guarda, e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

5 ago 2010

Festas de Santa Ana 2010


O luns 26 de xullo celebrouse na capela de San Sebastián e Santa Ana en Medas (Novás) a festividade desta última.


Oficiou a misa o abade de Santa Mariña, D. Julio Ramos Rodríguez, sendo cantada polo coro parroquial. Amenizou tamén a festa o grupo de gaitas A Boalleira.


Entre os asistentes a esta cerimonia relixiosa puidemos ver ao alcalde, Jesús Mª Fernández Portela e ás concelleiras de Cultura e Turismo, Charo Tabales Perozo e Ángeles Vicente Manzano.


Inauguráronse novamente diferentes obras que se levaron a cabo no interior da capela, entre elas, a construción de doce bancos, un sillón e unha mesa para o altar maior.


Estes traballos foron deseñados e realizados polo carpinteiro de Novás, Rafael Dorado Rodríguez, que ao mesmo tempo é docente de cursos de Formación Ocupacional e de Obradoiros de Emprego no Rosal e noutros concellos da bisbarra. A Comunidade de Montes de Santa Mariña pagou a man de obra e o Concello os materiais, cun tempo aproximado de 230 horas de traballo.


4 ago 2010

Festas na honra da Virxe do Pilar e Santiago


O domingo 25 de xullo celebráronse na parroquia de Santa Mariña do Rosal as festas patronais na honra da Virxe do Pilar e do Apóstolo Santiago.


A misa foi oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, axudado por D. Isaac Penela Carbajales, coa presenza de membros da Corporación Municipal e do alcalde rosaleiro.


Actuaron neste día festivo a Coral e a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, que dirixen -respectivamente- Toñi Santos Vaquero e Diego Javier Lorente López.


Como é de ritual ao rematar a Eucaristía (que contou con Primeiras Comunións) comezou a procesión ao redor da Praza do Calvario.


XVII Encontro dos Pobos 2010 no Rosal


O sábado 24 de xullo tivo lugar na Praza do Calvario o XVII ENCONTRO DOS POBOS. Actuaron o grupo anfitrión "Do Lusco ó Fusco", da Guarda; "Fethiye-Gazi School" de Turquía e "Ar-Skewell" de Bretaña (Francia). Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.


Festas nas Eiras. Santa María Magdalena


Reportaxe fotográfica de B.C.B.

O pasado sábado 24 de xullo celebráronse na parroquia de San Bartolomeu das Eiras as festas na honra de Santa María Magdalena (Madanela). Houbo -entre outros produtos- sardiñas, pan de millo e viño tinto do país.
Amenizou esta xuntanza o grupo Airiños do Tamuxe.

3 ago 2010

Tabagón celebra a festa da Virxe do Carme


Reportaxe (texto e fotos) realizada por B.C.B.

Seguindo a tradición, pescadores de San Xoán de Tabagón e doutras parroquias da comarca do Baixo Miño celebraron a festividade da Virxe do Carme.

O venres 16 de xullo, a primeira hora da tarde, saían estes pescadores dende Tabagón río arriba ata Tui, co fin de celebrar a procesión fluvial na honra da Virxe do Carme.


Ás sete da tarde celebrouse unha misa solemne na Igrexa de Santo Domingo, presidida polo bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza.

Ao remate saíu a procesión cara ao embarcadoiro da Comandancia Naval do Miño. Os pescadores, entre eles, como dixemos, os de San Xoán de Tabagón (e como veñen facendo nos últimos anos), foron os encargados de portar a Virxe do Carme acompañados en todo o percorrido pola Banda de Música de Tui.


A imaxe da patroa dos mariñeiros embarcou a bordo do Cabo Fradera dando lugar á procesión fluvial.

O patrulleiro portugués Río Minho, embarcacións de pesca e de recreo, así como multitude de persoas ao longo do peirao e na Ponte Internacional, participaron tamén neste percorrido por augas miñotas.

30 jul 2010

Proxecto "Descubrindo as Nosas Fortalezas"

Descubrindo as Nosas Fortalezas. Trátase dun proxecto do Concello de Tomiño para promover o coñecemento das fortificacións do Sistema do Baixo Miño a través de roteiros a pé, en bicicleta e en canoa. O día 7 de agosto: visita a pé. O día 14 de agosto: visita en canoa.

Para máis información podedes contactar coa organización en facebook, no correo descubrindofortalezas@gmail.com, no teléfono 622 051 640 ou na OMIX de Tomiño.

29 jul 2010

I Torneo de Futbolín CAFETERÍA SKAPE 34


O venres 30 de xullo é a data límite de inscrición (20 € a parella), sendo o sorteo ás 22:30 horas no propio local, que conta coa nova xerencia de Óscar Rodríguez Vicente.


O comezo oficial do Torneo será o SÁBADO 31 a partir das 15:00 horas. Máis información e inscricións no teléfono: 638 530 523. Haberá trofeos e cartos para os tres primeiros clasificados.

23 jul 2010

Festas do Pilar no Rosal, 24, 25 e 26 de xullo


Velaquí vos deixamos o programa destas Festas do Pilar 2010:

Día 24
·Praza do Calvario, a partir das 21:00 horas, XVII ENCONTRO DOS POBOS. Organizado polo grupo de gaitas e baile DO LUSCO Ó FUSCO, da Guarda.
·Tamén na Praza do Calvario, a partir das 22:30 horas, Verbena amenizada polas orquestras LADOS e FIN DE SIGLO.

Día 25
·Ás 11 da mañá, pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Ás 12, misa solemne cantada pola Coral da mesma Agrupación.
·A partir das 21:30 horas, Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, na Praza do Calvario.
·De seguido, sobre as 22:30 horas, comezará a Verbena, amenizada pola orquestra SABANNA.

Día 26
·PETER PUNK ofrece un espectáculo de animación para todos os públicos a partir das 21:00 horas na Praza do Calvario.
·Ás 22:00 horas comezará o concerto de FRATELLI NEGRONI.

20 jul 2010

Exhibición de Futbolín. I Campionato Feminino


Este venres 23 de xullo, "Obradoiro-Exhibición" para o I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL. Lugar: Bar Troya, a partir das 23:00 horas.

Se estás dubidando en apuntarte (10 € a inscrición), este venres comezan os primeiros "adestramentos libres". Impartirán unhas pequenas clases de "cubrir co porteiro" e "facer cambios... adiante" os gañadores do I Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal, Sergio Casal e Luis Martínez.




Igualmente participantes dese Campionato confirmaron que ofrecerán os seus mellores consellos a quen o desexe. ¡Se te gusta o futbolín e queres saber certos truquiños para vindeiros torneos... xa sabes!

Festival Aéreo de Vigo, por Cristóbal Coímbra




Reportaxe fotográfica realizada por Cristóbal Coímbra.

O domingo 18 de xullo tivo lugar o Festival Aéreo Internacional de Vigo, 2010, e alí estivo o rosaleiro Cristóbal Coímbra inmortalizando coa súa cámara ese grandioso espéctáculo.

Case medio millón de persoas (450.000) asistiron a este impresionante evento no que participaron un total de 50 aeronaves, tanto de aviación militar como civil, e preto de 180 especialistas entre técnicos e pilotos.

Podedes ver máis información deste Festival no seguinte enlace e na súa propia web.

19 jul 2010

Xornadas Técnicas do Albariño. As imaxes



O pasado venres 16 de xullo, de mañá, e previa á inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal, celebráronse no Centro Social Polivalente unhas Xornadas Técnicas sobre o Albariño.

Tal e como estaba previsto, o alcalde Jesús Mª Fernández Portela deu a benvida aos asistentes, para de seguido ceder a palabra a Jorge Cardoso Mariñocoordinador no Baixo Miño da Asociación Galega de Viticultura, quen presentou o evento.



Neste interesante acto interviron ademais:
Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas, coa ponencia:
· As Denominacións de Orixe no mercado
Xabier Zas, xerente da cooperativa Condes de Albarei.
· Cooperativismo e enoturismo en Galicia
Doutora Mª del Carmen Martínez, investigadora científica Misión Biológica; Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C)
· A bioloxía aplicada á viticultura

18 jul 2010

Emilio Flores, In Memoriam. Capítulo II


Despois da breve introdución que realizamos dende Noticias O Rosal, seguimos con esta pequena homenaxe a Emilio Flores.

Comezamos o segundo capítulo da súa biografía.

Emilio, cabo provisional, por X.M.T.
Despois de cinco meses, como pediran voluntarios a fin de escoltar un batallón de prisioneiros de guerra, Emilio presentouse. Previas probas, foi nomeado "Cabo Provisional", para ser destinado a Cuenca.

De aquí saliu para Huesca, Estación de Arañones, en Jaca, formando parte da mesma escolta, para o control dos prisioneiros que traballaban na Fortificación de los Pirineos, onde estivo 18 meses. Logo, estaría tamén, na custodia do campo de concentración Miguel de Unamuno, en Atocha (Madrid, 1941).

E, por último, destinado a Melilla, onde se licenciou. Como curiosidade lembrar que entre os seus compañeiros Emilio era coñecido polo "Cabo Pequeno", e como os demais escoltas naquel tempo, lembraba que tiña dereito a "ración doble" e cobraba 1'35 pesetas.

Ao seu regreso de África, foi á parroquia de Belesar, en 1942, chegando coas temidas quenturas (paludismo).

Aproveitando as visitas á familia no Rosal, asiste aos bailes de Fornelos, entre eles, a La Flor, propiedade de Generoso Álvarez (O Sueiro). Alí coñece á súa muller, Emilia Pérez Dorado, de Cruces, celebrándose o seu matrimonio o 25 de abril de 1945. Desta relación tiveron cinco fillos.

Continuará. Próximo capítulo: Emilio, gaiteiro.

15 jul 2010

I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NO ROSAL


O venres día 20 de agosto ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal a presentación do  I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL, instaurado como unha nova actividade cultural, turística e aínda deportiva da nosa vila.

As partidas deste torneo terán lugar nos futbolíns do PUB J&J e do BAR TROYA. Por suposto dicir dende Noticias O Rosal que non excluímos a ningún local, ao contrario, animamos a todos a participar, así como a entidades, empresas e particulares nesta iniciativa e nos seguintes proxectos que tamén comezaremos en breve.

Se queredes inscribirvos ou colaborar de calquera xeito agradecemos vos poñades en contacto con nós no correo noticiasorosal@hotmail.com, no de Juan Ramón (juanramon@noticiasorosal.es) ou no teléfono 637 311 007.

Como temos expresado na BENVIDA á páxina, e lembramos novamente, o que pretendemos é "aportar o noso gran de area á cultura e á información" do Rosal e arredores.

Esperamos que a organización deste tipo de eventos para a xuventude e para @s non tan "nov@s", sexan do voso agrado.

Saúdos.

P.D.: Neste mundo non se pode facer nada só, así que... ¡Contamos coa vosa colaboración, calquera axuda, no sentido que sexa, será ben recibida! ¡Nós corresponderemos! ¡ANIMÁDEVOS...!

¡Graciñas!

Noticias O Rosal
Redacción

14 jul 2010

Sancho Gracia será o pregoeiro da Feira


O coñecido actor, guionista, produtor e director madrileño Sancho Gracia, famoso -entre outros- polo seu papel protagonista na recordada serie "Curro Jiménez", será o encargado de ler o Pregón desta XVIII Feira do Viño do Rosal.

Segundo o protocolo, será presentado polo alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, para máis tarde asistir á intervención do presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso e finalmente do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández.