A remates deste mes de agosto terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXI Festival de Músicos Xoves, que se vén celebrando dende o ano 1989.
O venres día 27, a partir das 21:00 h. participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Banda-Escola de Música de Beade e a Agrupación Musical do Rosal.
O sábado 28, á mesma hora, estará adicado á música coral e participarán a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Tameiga-Mos, o Coro Cantábile da Guarda, e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
0 comentarios:
Publicar un comentario