Reportaxe (texto e fotos) realizada por B.C.B.
Seguindo a tradición, pescadores de San Xoán de Tabagón e doutras parroquias da comarca do Baixo Miño celebraron a festividade da Virxe do Carme.
O venres 16 de xullo, a primeira hora da tarde, saían estes pescadores dende Tabagón río arriba ata Tui, co fin de celebrar a procesión fluvial na honra da Virxe do Carme.
Ás sete da tarde celebrouse unha misa solemne na Igrexa de Santo Domingo, presidida polo bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza.
Ao remate saíu a procesión cara ao embarcadoiro da Comandancia Naval do Miño. Os pescadores, entre eles, como dixemos, os de San Xoán de Tabagón (e como veñen facendo nos últimos anos), foron os encargados de portar a Virxe do Carme acompañados en todo o percorrido pola Banda de Música de Tui.
A imaxe da patroa dos mariñeiros embarcou a bordo do Cabo Fradera dando lugar á procesión fluvial.
O patrulleiro portugués Río Minho, embarcacións de pesca e de recreo, así como multitude de persoas ao longo do peirao e na Ponte Internacional, participaron tamén neste percorrido por augas miñotas.
0 comentarios:
Publicar un comentario