TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2010

O I Campionato Feminino de Futbolín, no Rosal


Reportaxe fotográfica: Nuria Villa, Nina López e colaboradores.

O pasado venres 20 de agosto tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do I Campionato de Futbolín Feminino Noticias O Rosal.

Este torneo contou –entre outros- coa colaboración do Concello, a Agrupación Musical e a Asociación de Comerciantes da vila.


Abriu os actos o alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida ás participantes e ao público asistente, entre os que se atopaban o atleta olímpico David Gómez Martínez ou o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa e o de Xuventude, Pablo Flores Díaz.


Cun ton sempre humorístico e nun ambiente de cordialidade agradeceu á organización deste torneo “feminino” o levar a cabo este innovador proxecto de lecer, deportivo, cultural e aínda turístico. Lembrou así mesmo Fernández Portela o éxito do Campionato dos Cabaqueiros organizado o ano pasado, resaltando que nesta edición se abrirá o prazo de inscrición o 10 de setembro.
 


Rematada a súa aplaudida intervención deu paso a Juan Ramón Martínez Barbosa -coordinador de Noticias O Rosal e do I Campionato de Futbolín Feminino- para que fora presentando todos os pormenores, curiosidades, horarios, emparellamentos, etc., do torneo.

Sinalou Juan Ramón que se inscribiran 14 parellas pero -que por certos compromisos e diferentes motivos de axenda de moitas delas- finalmente o número reduciuse a 10, sendo polo tanto, 20 as mulleres participantes.
Para esta ocasión –e aínda que as partidas xogaríanse coas mesas do Pub J&J e do Bar Troya- contouse co futbolín “Presas 2000 Competición” de Dani Rodríguez, colaborador de Noticias O Rosal. Na pantalla xigante do Auditorio proxectáronse cunha cámara preparada para a ocasión, varias partidas de exhibición á vez que se realizaba o sorteo para comezar o día seguinte os encontros nos locais citados.

A presentación contou tamén coa actuación do grupo de pandereteiras Orballo, da Agrupación Musical do Rosal, formado habitualmente por nove membros, todos rosaleiros menos unha compoñente, da Guarda. A posteriori Orballo tamén participaría o domingo na Praza do Calvario nas partidas finais e entrega de premios.



Xa cara ao final do acto, unha das sorpresas da noite. O “speaker” anunciaba que estaban chegando a O Rosal as campionas da Coruña de futbolín, Elena Rodríguez e Sandra Limeses, que tamén se tiñan apuntado. O que non se imaxinaba o público foi que realmente eran Efrén Rodríguez e Santi Lima, colaboradores da web, quen ben ataviados con prendas femininas fixeron a entrada no escenario do Auditorio, levando o conseguinte alivio para as participantes á vez que sacaba máis dun sorriso e gargalladas entre os asistentes.
Aparte desta pequena broma, as parellas inscritas para o I Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal foron as seguintes:


BAR FLORO
Maite María Martínez González
Noelia Álvarez Baquero

CAMPOSINAS
María Martínez Pereira
Bea Rodríguez Martínez

CLAUDIA E CRIS
Claudia Silva Días
Cristina Brey Fernández

PELUQUERÍA ADDICT
Eva Mª Fernández Vicente
Tania Rodríguez Rodríguez

PODEMOS
Ruth Martínez Barbosa
Mary Domínguez Rodríguez

PUB J&J
Mónica Arzúa Domínguez
Andrea Martínez Vázquez

REBECA E MARÍA
Rebeca Alonso Estévez
María Salinas García

SONIA E MALENA
Sonia Castro Rodríguez
Malena Pérez Otero

TODO PERDIDO
Ana Rodríguez Lomba
Luisa Fernández Álvarez

XURU E SOFÍA
Ana Pérez Otero
Sofía Gómez Sobrino

0 comentarios:

Publicar un comentario