TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 jul 2010

I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NO ROSAL


O venres día 20 de agosto ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal a presentación do  I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL, instaurado como unha nova actividade cultural, turística e aínda deportiva da nosa vila.

As partidas deste torneo terán lugar nos futbolíns do PUB J&J e do BAR TROYA. Por suposto dicir dende Noticias O Rosal que non excluímos a ningún local, ao contrario, animamos a todos a participar, así como a entidades, empresas e particulares nesta iniciativa e nos seguintes proxectos que tamén comezaremos en breve.

Se queredes inscribirvos ou colaborar de calquera xeito agradecemos vos poñades en contacto con nós no correo noticiasorosal@hotmail.com, no de Juan Ramón (juanramon@noticiasorosal.es) ou no teléfono 637 311 007.

Como temos expresado na BENVIDA á páxina, e lembramos novamente, o que pretendemos é "aportar o noso gran de area á cultura e á información" do Rosal e arredores.

Esperamos que a organización deste tipo de eventos para a xuventude e para @s non tan "nov@s", sexan do voso agrado.

Saúdos.

P.D.: Neste mundo non se pode facer nada só, así que... ¡Contamos coa vosa colaboración, calquera axuda, no sentido que sexa, será ben recibida! ¡Nós corresponderemos! ¡ANIMÁDEVOS...!

¡Graciñas!

Noticias O Rosal
Redacción

0 comentarios:

Publicar un comentario