O pasado venres 2 de xullo tivo lugar na Casa da Pintora a presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 16, 17 e 18 deste mes.
O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes (autoridades, organizadores e adegueiros) así como de facer un resumo de todas as características da Feira e actividades que se desenrolarán durante esa fin de semana.
Así mesmo tamén interviron o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, o presidente da "Ruta del Vino Rías Baixas", José Ramón Meiriño González, o secretario do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Lucho e Pepe, propietarios da Casa da Pintora, ofreceron ao remate da presentación uns pinchiños acompañados, como non, dos excelentes caldos rosaleiros.
Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa.
0 comentarios:
Publicar un comentario