José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, a bordo do Opel Corsa GSI, destacaron en Portugal
Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares
A pasada fin de semana (26 e 27 de xuño) disputose o X Rali de Vila Verde, proba valedeira para o Campionato Nacional Portugués de 2L/2RM, e organizada polo Clube Automóvel do Minho, disputándose paralelamente unha proba extra na que participaban vehículos sen homologación.
No Campionato o gañador resultou ser José Pedro Fontes, cun precioso Porsche 997, sendo o mellor español Daniel Mariño co recén estreado Ford Fiesta R2.
Na proba extra o vencedor foi Renato Pita, cun Mitsubishi Lancer Evo VI, mentras que o mellor español era José Pumares cun Mitsubishi Lancer Evo VIII.
Mención especial merecen novamente os rosaleiros José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, que co Opel Corsa GSI foron os segundos españois e primeiros na Clase 1, rematando o rali nunha sensacional sexta posición final.
¡Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa!
0 comentarios:
Publicar un comentario