Tal e como se anuncia na web do Real Club Celta de Atletismo, o rosaleiro David Gómez Martínez, dúas veces olímpico en decathlon (Atenas 2004 e Pekín 2008), vén de ser seleccionado por España para disputar a Copa de Europa de probas combinadas que terá lugar os vindeiros días 29 e 30 en Nottwill (Suiza).
Lémbrase dende o Celta que David foi segundo recentemente en Arona (Tenerife), con 7462 puntos, mellor marca española do ano e que onte "estaba entrenando en Balaídos, como todos los días, bajo la dirección de Jesús María Lence y éste dice, a pesar de sus molestias en el isquio derecho, que, por ejemplo, hará buena marca en lanzamiento de peso".
Destacan dende a páxina céltica que esta é unha boa competición para o noso recoñecido veciño xa que foi 3º en Superliga no 2005 e 2º en Primeira División no 2004 e o que se lle pide a David é que "complete bien las diez pruebas y nos depare un total que haga soñar con Moscú, cuya mínima de inscripción se eleva a los 8.000 puntos".
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa David pola convocatoria e moita sorte por terras helvéticas!!
0 comentarios:
Publicar un comentario