O Rosal participa na “23ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais”,
que se celebra esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño, no Parque de Exposiçôes
da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal).
Este evento está considerado como “um marco incontestável para a economía
local e regional”, coa organización conxunta do “Município, Escola Profissional
de Agricultura e Desenvolvimento Rural e a Escola Superior Agrária de Ponte de
Lima”.
Por segundo ano consecutivo, o concello do Rosal terá un stand con
material turístico (libros, guías, folletos, etc), de exposición e degustación
–e non venda- de produtos da terra e de viño do Rosal.
A inauguración oficial será o venres 14 de xuño ás 18:00 horas
portuguesas. Esta 23ª edición da Festa do Vinho Verde e Produtos Regionais de
Ponte de Lima contará con animación musical (encontro de tunas, sesión de Dj’s,
jazz, sons latinos…), concursos, exposicións ou mesmo un Festival de Folclore
do Grupo de Danças e Cantares de Ponte de Lima.
Máis información en:
0 comentarios:
Publicar un comentario